Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/05/2023 | Actualizada ás 14:08
CIG-Saúde esixe medidas urxentes para "mellorar as condicións de traballo" dos profesionais de Atención Primaria, xa que considera que o feito de que quedasen desertas 39 prazas MIR de Medicina Familiar e Comunitaria en Galicia "confirma que incrementar o número de prazas MIR non é suficiente para ter máis profesionais".
A central sindical cre que "só así" se fará atractiva esta especialidade e conseguirase "romper coa actual dinámica de falta de profesionais". "Definir o persoal real nos Centros de Saúde que poida responder, con calidade, ás demandas da cidadanía; limitar as cargas de traballo; dignificar a docencia; reforzar as estruturas de xestión ou apostar por unha Atención Primaria vertebradora do territorio", son algunhas das propostas de CIG-Saúde.
"PÉSIMAS CONDICIÓNS"
Tamén a Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM) vincula coas "pésimas condicións laborais" que teñen os médicos de familia no Servizo Galego de Saúde (Sergas) o feito de que Galicia quedasen vacantes na última convocatoria MIR un total de 39 prazas.
Por iso, a través dun comunicado, esta organización reclama á Administración que "se afane" en facer "máis atractiva" a Atención Primaria para evitar non só que queden prazas desertas, senón tamén a "fuga de facultativos" a outros destinos e ao sector privado.
39 PRAZAS DESERTAS
Do total de 202 prazas desertas no conxunto do Estado, 39 son en Galicia, das que "20 son na área sanitaria de Lugo; 14, na de Ourense; e cinco, na de Ferrol". Galicia é a segunda comunidade con máis prazas desertas, despois de Castela e León, con 55. Do mesmo xeito que ocorreu o pasado ano, lamentou, a especialidade "non resultou o suficientemente atractiva para os futuros R1".
De feito, na convocatoria do ano 2022 "quedasen 200 prazas de Medicina e Familia sen cubrir" e "foi necesario forzar unha segunda quenda de elección, no que aínda quedaron sen cubrir 93, seis delas na área sanitaria de Lugo".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.