GC Aberto

Un non rotundo á Tiranía que goberna en VIGO

O próximo 28 de maio votamos a Tiranía de Abel, non son eleccións democráticas, seica coñece o seu verdadeiro programa, votará única e exclusivamente un cheque en branco a favor da "Santa Vontade de Abel", e iso ten un nome: Tiranía.

Por Gamela | GC ABERTO | 14/05/2023

Comparte esta noticia

Pasados dezaseis anos sabemos como as gastan os rexedores da cousa pública en Vigo. 

A candidata do PP á Alcaldía de Vigo, Marta Fernández-Tapias, o presidente de honra do Partido Popular de Galicia (PPdeG) e expresidente do Goberno de España, Mariano Rajoy, e a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, en Vigo.. Javier Vázquez - Europa Press
A candidata do PP á Alcaldía de Vigo, Marta Fernández-Tapias, o presidente de honra do Partido Popular de Galicia (PPdeG) e expresidente do Goberno de España, Mariano Rajoy, e a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, en Vigo.. Javier Vázquez - Europa Press

O que comezou como broma volveuse contra a xente que habita a cidade. Quizais saquen partido, en aparencia, quen se dedican á hostalaría (se consultamos con atención non todos por igual) pero sen dúbida convertéronse en “compañeiros de viaxe” do tirano local: non che cobro a recollida de lixo, subvenciónoche o recibo da auga, regáloche as taxas por goce de terrazas...

A cambio ningunha Asociación de Comerciantes opóñase ou critique calquera proxecto urbanístico aínda que as obras tarden en realizarse o que non está escrito. Renderán pleitesía ao Excelentísimo, co seu silencio, se queren manter o privilexio. Se furan a fachada da túa casa (edificios protexidos incluídos) non se che ocorra reclamar, as luces de Nadal teñen prioridade absoluta sobre a túa propiedade privada.

Pero cando o espazo público privatízase usan o criterio contrario: praceiros e praceiras (titulares de postos nas prazas de abastos) resistiron anos as promesas de melloras pero coa “modernización” as facturas disparáronse e manter un posto nun mercado é cousa de privilexiados (se non alcanzas pide un crédito)

Progreso Urban Market (entelequia de listillos que levaron os cartos) ás veces as cousas non saen ben e botas o peche arrastrando débedas pois o Urban Market resultou unha fraude: Progreso, Berbés caeron baixo a astucia privatizadora do Lercho.

Que treman os mercados do Calvario, de Teis e das Travesas...

O único que puxo as botas foi o Cíes Market licitado ao “fabuloso” prezo de 1 €, realquilan casetas de 3.000 a 6.000 € nos dous meses de Nadal (e din que os seus impostos prefiren liquidalos en Madrid) deixando a miseria na nosa centenaria Alameda.

Desaparece a frescura das nosas prazas e mercados e vémonos obrigados a comprar en supermercados cuxos prezos pactados multiplican unha inflación galopante.

Nin produtos frescos, nin de proximidade, propaganda para turistas descoidados que caza o Tirano grazas a campañas publicitarias que paga sen o noso consentimento.

Dous millóns para promocionar un concerto de Guns N' Roses que ten todas as entradas vendidas. Voos de Ryanair para quen viaxe neles, ou sesenta millóns gastados en Balaídos sen retorno algún. Agora soña coa sede dos mundiais de fútbol, e gastará máis millóns para atraer a máis turistas, ata que colapse a cidade como sucedeu o 28 de decembro, o día no que pagamos os Inocentes!

Pero dá igual o que se diga porque o Tirano ten a súa vontade prefixada: mentres o miradoiro máis incrible do Castro leva anos en ruína permanente, el prefire gastar nun túnel con batalla naval incluída e furar toda a Fortaleza do Castro!  Disneylandia para bobos...

As bromas deixan de selo cando a prevaricación instálase na xestión urbanística (Caride Solutions S.L.) Seis chalés de luxo atoparán acomodo en chan rústico grazas a un novo viario que o Concello asumirá como público para outorgar licenzas imposibles en primeira liña de costa. Cabo Estai podería ser o punto de non retorno da especulación a favor dos amigos da Caride coa bendición de Abel & Carmela.

Se vostede arranxa o tellado da súa vivenda sen permiso, arrisca a súa demolición controlada por normas urbanísticas draconianas. Pero se o seu terreo é rústico e non pode edificar (co mar rompendo a cinco metros) basta abrir un camiño de tres metros e cederllo ao Concello para converter unha reserva da biosfera en solares impresionantes fronte ao mar!

Todos aplauden a xestión do Tirano que puxo ramplas mecánicas en Gran Vía e un ascensor de infarto por trece millóns que, tras da chatarra, oculta as magníficas vistas da ría dende a terraza Vialia (que pagamos todos por convenio)

En resumo, o próximo 28 de maio votamos a Tiranía de Abel, non se enganen, non son eleccións democráticas, seica coñece o seu verdadeiro programa, votará única e exclusivamente un cheque en branco a favor da "Santa Vontade de Abel", e iso ten un nome: Tiranía.

Tanto que xa sacou a concurso os seguintes catro anos de luces de Nadal, polo módico prezo de 3,2 millóns cada ano; por tanto, até 2027 teremos luces pagas por 13 millóns anticipados.

E se entramos nunha Guerra Mundial tamén acenderemos as luminarias?  E se falece o alcalde -algo natural- manteremos por contrato, tres anos a súa neurótica forma de entender o Nadal, e renderémoslle homenaxe en Cabalgatas póstumas...?

Non lles parece moi pouco democrático condicionar o voto mediante transferencia de 205 € por cada neno/a escolarizado en Vigo?

Di non ter competencias en vivenda, pero poxou corenta pisos municipais para comprar leiras de repolos no Camiño do Chouzo!  Fantástica xestión do Patrimonio Público ! Agora anuncia a construción de 15.000 vivendas para ocultar o seis chalés de Cabo Estai.

Como descrición do Tirano é suficiente para que saiban a quen van regalar outros catro anos (e xa serán vinte) o Goberno de Vigo.  Non se enganen, detrás del están os seus secuaces e todo seguirá en mans duns poucos cuxo obxectivo consiste en enterrar os nosos dereitos e liberdades para sempre e vivir dos nosos impostos coma se non houbese mañá. 

Cada vez que me cruzo a un policía da Tiranía local éntranme náuseas ! 

A quen defenden hoxe estes servidores públicos?

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Gamela

Para ilustrar o proceso de xentrificación que estamos a padecer en Vigo, cómpre lembrar de onde vimos e cara onde van os magos da política mediática e virtual... https://twitter.com/00Memoria/statu... Supoño que a estas alturas deberamos investigar os millóns que leva gastado o Concello de Vigo, a Deputación de Pontevedra e a Zona Franca de Vigo en publicidade en Medios de Comunicación (?) Ao mellor levamos unha sorpresa e xa van por diante da Xunta de Galicia (?) Ou non...

1 Gamela

O Tirano perdeu 19.000 votantes e 1 concelleiro pero segue decindo que é o alcalde máis votado de España... A Deputación presidida por Carmela Silva pasará a mans do Partido Popular (Porriño e Baiona foron determinantes) e probablemente Abel perda a presidencia da FEMP (aínda non é definitivo o reconto de votos) https://resultados.locales2023.es/r... Agora temos por diante eleccións xerais o 23 Xullo 2023 ? O Día de Galicia o 25 de xullo toca proclamar a República e a Independencia de Galicia ! UPG UPG UPG