A transferencia da AP-9, nova fronte electoral entre o PPdeG e o PSdeG

Rueda denuncia "malos tratos a Galicia" e Besteiro di que "todo acabará ben".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2023 | Actualizada ás 18:15

Comparte esta noticia

A transferencia da AP-9 volve ser motivo de disputa entre socialistas e populares logo da negativa do PSOE a impedir que e a tramitación da lei para a transferencia superase a fase de relatorio e chegase a comisión.

Saída da AP-9 á Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. AUDASA
Saída da AP-9 á Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. AUDASA | Fonte: Europa Press

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, considera que o PSOE quedou "retratado" en vista da postura ratificada no Congreso dos Deputados, á vez que agradeceu que os socialistas "fagan explícito" os seus "malos tratos a Galicia" para que "todos" poidan saber "o que hai".

A preguntas dos medios sobre esta cuestión, Rueda asegurou que agradece que "por fin, despois de 2 anos e medio de tentar disimular" que en Madrid non se ía a "apoiar" a iniciativa lexislativa apoiada pola unanimidade de todas as forzas (incluído o PSdeG), agora se fale "claro" e o PSOE "diga que non está disposto a traspasar a titularidade da Xunta para que poida asumir a xestión e mellorala".

BESTEIRO

Pola súa banda, o delegado do Goberno en Galicia, Xosé Ramón Gómez Besteiro, apuntou este xoves que a lei de traspaso da autoestrada AP9 "está aínda discutíndose" no Congreso dos Deputados, tras ser cuestionado pola posición do PSOE, cuxa negativa nas últimas horas impediu que a lei supere a fase de relatorio na Cámara Baixa e chegue a Comisión.

En declaracións aos medios durante unha visita a Baiona (Pontevedra), Gómez Besteiro afirmou que non é unha cuestión na que estea a intervir o Goberno de España, porque "aínda está a se discutir" e expresou: "Espero que se resolva (...) creo que acabará todo moi ben, supoño". Con todo, o delegado do Goberno si quixo referirse a unha decisión do Executivo relacionada coa autoestrada, como é a disposición de "máis de 50 millóns de euros ao ano" para bonificar as peaxes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta