Chaman a unha gran protesta polo "desmantelamento da educación concertada"

Será este sábado en Santiago. Piden a redución de alumnos por aula; o acordo de mantemento de emprego; a reposición da xubilación parcial ou o abono da paga extraordinaria de antigüidade entre outras.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 11/05/2023 | Actualizada ás 18:03

Comparte esta noticia

A Asociación de Centros de Economía Social de Galicia (Aces Galicia), a Federación de Ensino de USO (Feuso) e o Sindicato Nacional de Ensino Privado de Galicia (Snepdg), convocan unha manifestación este sábado, 13 de maio, en Santiago de Compostela contra o "desmantelamento do ensino concertado" pola Xunta.

Segundo os organizadores, a manifestación ten como lema 'O enterro do ensino concertado' e vai saír do Monte do Gozo ás 10,30 e vai ata a Xunta de Galicia para realizar a entrega dun documento escrito ao conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e ao director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Manuel Álvarez Bértolo, coas súas esixencias.

Entre as demandas, atópanse a convocatoria da Comisión Tripartita do Ensino Privado Concertado; redución do número de alumnado por aula; acordo de mantemento de emprego; reposición da xubilación parcial; abono da paga extraordinaria de antigüidade; pago delegado para o Persoal de Administración e Servizos (PAS) e o resto dos dereitos "suprimidos e non restituídos".

Estudantes nun colexio
Estudantes nun colexio | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta