Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/05/2023 | Actualizada ás 11:11
A Xunta manifesta que "o proceso de transformación dixital" é un reto que obriga a traballar na modernización que poida cumprir coas obrigacións actuais e desde múltiples sectores.
Nunha declaración institucional, con motivo do Día de Internet, o Goberno galego expresa que "Galicia avanza no obxectivo de mellorar o marco de relación e interacción da ciudadania coa Administración". Para isto, fai foco en tres eixos principais, como unha administración máis eficiente, máis personalizada e máis accesible.
"Unhas das bandeiras que impulsaremos é levar o idioma galego, en proxectos da Xunta e as universidades galegas, de igual maneira que as pricipales linguas utilizadas no mundo das plataformas técnologicas", destaca.
Na mesma liña, o Executivo autonómico reivindica que "esta en marcha un proceso de sonsorización e motorización do territorio que estenderá o uso de dispositivos de internet e permitirá a xestión da información en tempo real". Desta maneira, "mellorarase as actividades e servizos como o transporte, a agricultura, a pesca e o turismo", engade a declaración.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.