A "explosión renovable" contribuirá á "reactivación económica" segundo a patronal eólica galega

A Asociación Eólica de Galicia (AEG) sinalou que "a emerxencia climática, a seca e o aumento da temperatura do mar chegaron para quedar" por iso é "urxente" avanzar no desenvolvemento das enerxías renovables.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/05/2023 | Actualizada ás 15:13

Comparte esta noticia

A Asociación Eólica de Galicia (AEG) defende que a "explosión renovable" contribuirá á "reactivación económica", así como á "independencia e transición enerxéticas, o abaratamento do prezo da luz e a loita contra o cambio climático". "A maior capacidade renovable, maior independencia enerxética", resume.

Nun comunicado, a entidade sinalou que "a emerxencia climática, a seca e o aumento da temperatura do mar chegaron para quedar", polo que, tal e como "recomendan estudiosos e expertos", é "urxente" avanzar "con determinación" no desenvolvemento das enerxías renovables.

Nesta liña, celebrou un informe do Consello Económico e Social de Galicia (CES) que advirte da "elevada dependencia de produtos petrolíferos" ademais de sinalar que "Galicia ten a oportunidade de potenciar a súa economía a partir de fontes limpas".

"Aí están todos os proxectos asociados ás renovables que sevienen anunciando día tras día. A comarca de Ferrolterra, o porto deLangosteira, a fábrica de Norvento Enerxía Cero en Lugo son escenarios de claro desenvolvemento, sen esquecer os proxectos vinculados á eólica mariña", relata a Asociación.

Ao redor destes proxectos empresariais, apunta a patronal galega, "crecerá novamente unha rica industria auxiliar, creando máis emprego". Por iso, aseguran que a "explosión renovable" contribuirá a "a reactivación económica, a independencia e transición enerxética, o abaratamento do prezo da luz e a loita contra o cambio climático".

Neste contexto, insiste en que "despois de tres anos en que practicamente non se fixeron parques eólicos en Galicia", débese "continuar coa implantación dos proxectos con declaración ambiental aprobada e o correspondente permiso administrativo". Outra demanda que destaca a Asociación é a "repotenciación dos parques antigos", algo no que, engadiu, "Galicia é pioneira" e que "evidencia unha aposta decidida pola economía circular".

Gando pastando / Carlos Castro - Europa Press. / Europa Press
Gando pastando / Carlos Castro - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta