Continúa cortado 24 horas despois o tramo onde se produciu o accidente con dous mortos en Vilamartín de Valdeorras

A vía está pendente de limpar e o camión que esmagou o turismo onde viaxaba unha muller xa foi retirado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2023 | Actualizada ás 09:59

Comparte esta noticia



O tráfico no tramo da N-120 en Vilamartín de Valdeorras (Ourense) onde se produciu o accidente entre un camión e dous turismos que deixou dúas persoas mortas permanece cortado á circulación 24 horas despois do sinistro rexistrado minutos antes das 07,00 horas do pasado xoves.

O camión que se saíu da vía e esmagou ao coche que circulaba polo carril contrario puido ser retirado na tarde noite do xoves grazas á intervención dun guindastre de gran tonelaxe, segundo confirmou a Garda Civil de Ourense.

Con todo, o tráfico continúa desviado na zona pola gran cantidade de fluídos derramados sobre o firme, pendente de limpar ante a presenza de aceite, combustible e lubricante.

Nisto traballan desde última hora do xoves e ao longo da mañá do venres efectivos dos bombeiros e do servizo de conservación da estrada, que empregan auga quente e sepiolita para limpar o asfalto.

DOUS MORTOS

O sinistro deixou dous mortos, o condutor do camión e a muller que manexaba o turismo. Ademais, houbo outro tres feridos que ían noutro coche que impactou contra os vehículos accidentados.

O accidente produciuse ás 06,55 horas deste xoves no quilómetro 464 da estrada N-120 --que une Logroño e Vigo-- á altura do municipio ourensán de Vilamartín de Valdeorras.

Alí, un camión con remolque que transportaba un cargamento de porcos saíu da estrada e impactou contra un turismo que circulaba pola marxe contraria e terminou esmagado polo vehículo industrial.

Tanto o ocupante do camión, de 51 anos e residente na zona de Chantada como a condutora do turismo, de 41 anos e veciña da comarca de Valdeorras, faleceron no punto do accidente.

Os outros tres feridos que viaxaban no terceiro coche implicado no sinistro foron evacuados a un centro hospitalario por ambulancias de Urxencias Sanitairas 061, que tamén desprazou ao momento un helicóptero medicalizado.

O sinistro provocou o corte total da circulación en dous quilómetros na N-120, onde tiveron que ser habilitados desvíos alternativos mentres traballan na zona os equipos de emerxencia.

Ademais, o camión perdeu parte da súa carga, polo que hai porcos soltos pola zona. De feito, foron mobilizados efectivos do Seprona e de Sanidade Animal da Xunta para recoller aos porcos e xestionar a carga, entre a que hai animais mortos.

As causas do accidente están a ser investigadas pola Garda Civil, como comentou en declaracións ao programa 'Galicia por diante' da Radio Galega o tenente Javier Barja, xefe do subsector de tráfico da Benemérita.

Barállanse como motivos do sinistro un "descoido, somnolencia ou velocidade inadecuada" no camión, que pertence a unha empresa cárnica de Melide (A Coruña), desde onde se desprazaba á primeira hora desta mañá en dirección ao Barco de Valdeorras (Ourense).

Agora, os traballos céntranse en retirar o camión para poder acceder ao vehículo no que se atopaba a falecida e, así, confirmar que viaxaba soa, como apuntan os seus familiares e achegados, quen acudiron ao lugar do accidente tras coñecer a noticia.

Morren dous condutores nunha saída de vía dun camión que esmagou un turismo en Vilamartín de Valdeorras. GARDA CIVIL
Morren dous condutores nunha saída de vía dun camión que esmagou un turismo en Vilamartín de Valdeorras. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta