Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/05/2023 | Actualizada ás 15:56
Os encoros galegos contan cun total de 2.736 hectómetros cúbicos almacenados, o que supón o 73,67%, un punto menos respecto da última semana.
Segundo os datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica, os encoros da conca Miño-Sil baixan a 2.184 hectómetros cúbicos, o que se traduce nunha perda de 17 hectómetros cúbicos respecto de sete días antes. Así, sitúanse no 72,1% da súa capacidade. Supón unha reserva maior que hai un ano, pero lixeiramente inferior á última década.
Mentres, os de Galicia Costa descenden a 552 hectómetros cúbicos, 23 menos que a pasada semana, polo que se atopan no 80,7% da súa capacidade. Neste caso, apréciase unha cantidade maior na comparativa coa mesma data de 2022 e 20 hectómetros menos que a media dos últimos 10 anos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.