A Xunta di que será Feijóo quen inaugure os trens Avril

Critica os retrasos do Goberno central e nega que non manteñan un plan para conservar as estradas da sua competencia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/05/2023 | Actualizada ás 13:46

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, lamentou que "vai haber que esperar sentados, porque hai moito que esperar" para a chegada dos 'Avril' a Galicia, ao que o PPdeG engadiu un prognóstico, ao augurar que estes trens operarán en Galicia con Alberto Núñez Feijóo como presidente do Goberno central tras as próximas eleccións xerais.

Foi durante unha pregunta oral dos populares á conselleira, no pleno do Parlamento, cando esta se mostrou "cansa" e "farta" de "incumprimentos reiterados e sistemáticos" en relación con estes trens. Tamén en clave electoral preguntáralle o deputado do PP José Manuel Balseiro, quen coincidiu en que Pedro Sánchez "segue incumprindo un tras outro os seus compromisos con Galicia".

A titular de Infraestruturas falou da "crónica dun incumprimento anunciado e un rosario de incumprimentos" con estes trens, e censurou que, tras o anuncio de Talgo a semana pasada, "o Goberno de España dicía que había que esperar". "O certo é que levamos anos esperando", incidiu.

PLAN DE CONSERVACIÓN DE ESTRADAS

Aínda en materia de infraestruturas, a continuación no pleno, a socialista Patricia Otero preguntou á conselleira "polos deberes da Xunta" en materia de conservación de estradas. Ethel Vázquez respondeu que a Xunta "ten un plan de reforzos de firme, e o Goberno de España non". Neste sentido, reprochou á parlamentaria non estar "ao día en materia de estradas" e agregou que "onde está o problema" é no Executivo de Sánchez. 

Tren Avril
Tren Avril | Fonte: TALGO - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta