Estás interesado no programa de voluntariado ambiental intergeneracional en Galicia?

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/05/2023 | Actualizada ás 17:12

Comparte esta noticia

A Xunta abriu o prazo para inscribirse no programa de voluntariado ambiental interxeneracional en 18 espazos naturais de Galicia. O Goberno galego explicou nun comunicado, que esta é unha iniciativa gratuíta que ofrece un completo programa de actividades que impulsan o respecto e o coidado por un dos "grandes tesouros de Galicia, o seu patrimonio natural".

Nesta terceira edición da iniciativa ofrecen 434 prazas. Serán un total de 32 actuacións que levarán a cabo todos os fins de semana desde xuño ata o 8 de outubro. A primeira cita é este fin de semana no Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia - Illa de Ons.

Ademais, por primeira vez, as accións programadas esténdense aos Monumentos Naturais-Fraga de Catasós e Costa de Dexo na mesma liña das edicións anteriores, nas que se foron incorporando de maneira progresiva á iniciativa os parques naturais, as reservas da biosfera, as zonas de especial conservación e o geoparque mundial.

Por tanto, os escenarios serán 18 espazos naturais. En cada un deles os participantes traballarán en tarefas de limpeza, sinalización, eliminación de especies exóticas invasoras ou na catalogación de fauna e flora.

INSCRICIÓN

As persoas interesadas poderán inscribirse neste programa mediante o espazo habilitado da páxina web www.voluntariadogalego.org e os únicos requisitos para participar son ter cumpridos os 18 anos, residir en Galicia e cumprimentar o formulario da páxina web. A selección realizarase por orde de inscrición.

Fraga de Catasós, en Lalín.
Fraga de Catasós, en Lalín.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta