Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/06/2023 | Actualizada ás 10:44
O número de execucións hipotecarias sobre vivendas situouse en 66 no primeiro trimestre deste ano en Galicia, o que supón un 50,7% menos que no mesmo período de 2022, cando se contabilizaron 134.
Segundo cifras publicadas este venres polo Instituto Nacional de Estatística, recollidas por Europa Press, este descenso é superior ao da media estatal, xa que no total de España rexistráronse 3.693 execucións hipotecarias sobre vivendas entre xaneiro e marzo, un 31,1% menos.
Deste total de 66 execucións, 65 eran sobre vivendas de persoas físicas e unha sobre un domicilio de persoa xurídica. Ademais, as execucións sobre o total de leiras en Galicia alcanzaron as 128, se elas 31 eran leiras rústicas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.