Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/06/2023 | Actualizada ás 13:11
A Xunta promove proxectos para fomentar o uso do galego neste curso escolar en 858 colexios e institutos de titularidade pública cunha contía total de 350.000 euros.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este mércores a resolución dos centros adxudicatarios, coa correspondente puntuación concedida e do financiamento definitivo asignado a cada proxecto, así como a relación dos centros excluídos coas causas de tal efecto.
Desta forma, do total de centros beneficiarios 336 pertencen á provincia da Coruña, entre os que se repartirán 134.623 euros; 114 da provincia de Lugo, con 45.231 euros; 80 á de Ourense cunha dotación de 30.557 euros, e 328 na provincia de Pontevedra, con 139.466 euros. Así, o Executivo galego indicou que as cantidades asignadas aos centros transferiranse nun único pago no período correspondente ao exercicio económico de 2023.
Os centros terán ata o 30 de xuño deste ano para presentar aos gabinetes provinciais a xustificación dos gastos correspondentes aos seus proxectos. De non facelo, poderán ser causa de revogación das cantidades asignadas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.