A 'Andaina de Allariz' chega á súa XXIV edición

Será o 18 de xuño e constará de dúas rutas, unha ruta longa de 22 quilómetros, e outra curta de 10 pensada para os máis mozos ou familias con nenos e nenas.

Por Galicia Confidencial | Allariz | 11/06/2023 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A XXIV edición da Andaina de Allariz foi presentada días atrás e contou coa presenza da concelleira de Deportes, Helena Suárez, e os técnicos de Deportes Roberto Naranjo e Javier López.

Presentación da XXIV Andaina de Allariz. Foto: Comunicación do Concello de Allariz.
Presentación da XXIV Andaina de Allariz. Foto: Comunicación do Concello de Allariz.

Co obxectivo de facilitar a participación daquelas persoas que habitualmente traballan os sábados, no 2019 a área de deportes de Allariz tomou a decisión de cambiar a data de celebración e reducir o itinerario para favorecer que o percorrido poda cambiarse e coñecer e gozar doutros espazos da Reserva da Biosfera.

A edición da XXIV Andaina constará dunha ruta longa de 22 quilómetros e outra curta de 10 pensada para os máis mozos ou familias con nenos e nenas.

A saída da etapa longa, cunha dificultade media, será ás 09:00h da Alameda de Allariz, e a da etapa curta será ás 11:00h. Esta última terá unha dificultade baixa percorrendo as marxes do río Arnoia nunha ruta circular de Allariz ao Ecoespazo O Rexo.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 16 de xuño e ten un prezo de 12€ para público adulto e de 8€ para nenos e nenas de ata 8 anos. Co prezo inclúense servizos de avituallamento, comida, masaxistas e duchas para o final da etapa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta