Brancura, Cullinan e O candidato da fin do mundo, finalistas da XL edición do Premio Xerais de Novela

Cada un dos premios está dotado con 10.000 euros e as obras gañadoras daranse a coñecer o sábado 17 de xuño.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/06/2023 | Actualizada ás 20:49

Comparte esta noticia

O xurado da XL edición do Premio Xerais de Novela acordou declarar finalistas ás obras presentadas baixo as lemas Brancura, Cullinan e O candidato da fin do mundo.

O xurado está formado por Diego A. Dacal (coordinador do club de lectura Sete vidas de Espazo Lectura), María Díaz (xornalista da Cadea Ser), Fernando Miranda (libreiro en Libraríaa Miranda), Tamara Novoa (xornalista da Movida), Ánxela Vázquez Andrade (profesora e bookstagrammer @nazondebookstagram) e Xosé Manuel Moo Pedrosa (secretario do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto.

Por outra banda, as obras coas lemas Carmiña, Néboa e Ring son as finalistas da XV edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil. Neste caso, o xurado está formado por Laura Veiga (xornalista de Nós Diario e divulgadora @pingando.gal), Erica García-Santamarina Caridade (AAGG), Cándido Paniagua Pousa (mestre e escritor), Adela Divos Touriñán (bookstagramer @mazadahorta), Osmar Rodríguez Pérez (libreiro na libraría Mobby Dick) e Ramón Domínguez Veiga (secretario do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto.

O xurado da XXXVIII edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, formado por Cris de Caldas (filóloga, bibliotecaria e contadora), Ivana Gómez Abuín (mestra e bookstagramer @libros_e_libros), Paco Cerdeira 'Pakolas' (músico), Olalla Sánchez Pintos (xornalista), Xiana Teimoy (ilustradora) e Anaír Rodríguez (secretaria do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto, acordou declarar como finalistas A botella de lentellas, De pombas, aguias e señores curvos e Frida.

Cada un dos premios está dotado con 10.000 euros e as obras gañadoras daranse a coñecer o sábado 17 de xuño.

Libros/ XUNTA/ANA VARELA
Libros/ XUNTA/ANA VARELA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta