Ferido leve tras saírse da vía e chocar contra un farol e seis coches en Sanxenxo

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 10/06/2023 | Actualizada ás 11:19

Comparte esta noticia

Unha persoa resultou ferida leve tras saírse da vía e chocar contra un farol e seis coches en Sanxenxo na madrugada deste sábgado. Unha persoa particular chamou sobre as 5,00 horas ao 112 para informar o accidente.

Un axente da Garda Civil
Un axente da Garda Civil | Fonte: Garda Civil


Concretamente, segundo inclúe o parte da Central de Atención ás Emerxencias, o sinistro tivo lugar na PO-308, entre os quilómetros 26-27, en Noalla. A persoa que alertou do sinistro avisou de que un vehículo se saíu da vía e chocou contra un farol e outros coches que estaban estacionados e que tanto o vehículo como o farol quedaran atravesados na vía.

Ata o lugar acudiron nada máis ser avisados polo 112 Galicia, os axentes de Tráfico, da Policía Local e os membros do GES de Sanxenxo, que, ao chegar, solicitaron unha ambulancia para o condutor. Ademais, foron informados os Bombeiros de Ribadumia e o persoal de mantemento da vía. Con todo, unha vez no punto, os membros do GES confirmaron que, en total, outro seis coches ademais do implicado resultasen danados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta