Ultiman o dispositivo de organización para as oposicións do SERGAS que se celebrarán en Silleda os días 24 e 25

A Xunta detallou que na xornada do sábado 24, o recinto acollerá ao longo do día un total de 1.189 opositores, distribuídos en quendas de mañá e tarde de diferentes categorías.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/06/2023 | Actualizada ás 17:04

Comparte esta noticia

O Sergas ultima o dispositivo organizativo para os exames da oposición de diversas categorías, entre elas Enfermaría, que levarán a cabo o próximos sábado 24 e domingo 25 de xuño no Recinto Feiral de Silleda.

A directora xeral de Recursos Humanos do Sergas, Ana Comesaña Álvarez, presidiu este martes unha reunión cos representantes dos corpos de seguridade, emerxencias, e persoal da Fundación Semana Verde, para organizar os operativos.

A Xunta detallou que na xornada do sábado 24, o recinto acollerá ao longo do día un total de 1.189 opositores, distribuídos en quendas de mañá e tarde de diferentes categorías.

O domingo, será o día no que se despracen máis aspirantes ás prazas convocadas polo Sergas na categoría de Enfermaría, 10.101 admitidos, e de inspector farmacéutico, 149. En total serán 10.250 persoas as que realizarán as probas selectivas en ambas as categorías.

GESTANTES, ADAPTACIÓN DE POSTOS E DESPRAZAMENTOS

Para garantir o correcto desenvolvemento da OPE, na xornada do domingo, habilitarán os pavillóns 1,2 e 8 do Recinto Feiral para a realización das probas, o que levará á apertura de 42 portas de acceso. Ademais, haberá un control de acceso nas estradas e nas saídas da autoestrada próximas ao recinto.

No que se refire ao persoal, un total de 230 persoas colaboradoras do Sergas participarán na organización das probas. O dispositivo completarase con efectivos da Garda Civil, Policía Nacional e Autonómica, Protección Civil, 061, Cruz Vermella e persoal da Fundación Semana Verde de Galicia.

Por outra banda, o Goberno galego explicou as aspirantes que queiran exercer o dereito de lactación terán unha sala habilitada no exterior do recinto, acondicionada con microondas, ou cambiador, entre outros. Ademais, poderán solicitar a realización da lactación durante a realización dos exercicios.

Neste caso, así como no das profesionais en situación de embarazo, que poidan estar ingresadas no mesmo día do exame e desexen acollerse ao previsto nas bases da convocatoria, deberán contactar coa dirección de oposiciones@sergas.es para que lle informen do procedemento.

Con todo, as persoas gestantes cuxo parto coincida coa realización das probas deberán comunicalo ao Sergas para solicitar a realización do exame nunha data alternativa, que sempre será dentro dos 15 días seguintes. No caso dos aspirantes que teñen concedida algunha adaptación de posto por motivos de saúde limitacións físicas ou psíquicas, deberán entrar pola porta 0.

Con todo, para facilitar o desprazamento dos aspirantes ao Recinto Feiral Internacional de Silleda, a empresa Monbus habilitará varios servizos especiais de transporte desde diferentes puntos de Galicia.

Arquivo - OPE do Sergas o domingo en Silleda. XUNTA - Arquivo
Arquivo - OPE do Sergas o domingo en Silleda. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta