Ana Pontón a Rueda: "Debe de ser o único presidente que se alegra de que lle cesen conselleiros desde Xénova"

"Xa lle gustaría a vostedede que lle fichase a alguén", responde o presidente da Xunta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2023 | Actualizada ás 11:21

Comparte esta noticia

A precampaña electoral e a confección das listas ás Cortes que obrigaron a remodelar o goberno da Xunta a Alfonso Rueda irrompeu este mércores na sesión de control, na que, apoiada nun argumento xa empregado, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, cuestionou que o "peso" político do xefe do Executivo galego ao que lle "cambian o Goberno desde Madrid".

"Xa lles gustaría a vostedes que lle fichasen a algún", replicoulle Rueda a Ana Pontón nl cara a cara deste mércores no pleno, unha afirmación á que a dirixente nacionalista respondeu ironizando con que "debe de ser" o único presidente que "se alegra de que lle cesen aos conselleiros desde a rúa Xénova".

Así as cousas, o debate inclinouse cara a un balance da lexislatura, na que Rueda ridiculizou os logros do Bloque, a quen lle leu o acordo de investidura para destacar cada un dos "incumprimentos". Neste sentido, sostivo que o BNG terá "envexa" das outras forzas nacionalistas de Cataluña e Euskadi --concretamente ERC e Bildu, citou--, xa que "non conseguiu nada" para Galicia.

"De que nos acusa? De conseguir unha rebaixa histórica das peaxes que benefica a 20.000 galegos?", contestoulle Pontón, quen exhibiu unha "folla en branco" para denunciar os logros conseguidos polo seu Goberno.

O mandatario galego, que dixo que as outras forzas nacionalistas eran "bastante máis intelixentes politicamente" falando que o BNG, advertiu a Pontón que "non tenten coar" logros. "Non conseguiron nada, esa marca só a ten o BNG", acusou, para censurar que o Bloque "trouxo o sanchismo" a Galicia, pero os cidadáns sacarano " de Galicia o 23 de xullo".

Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, no pleno do Parlamento. BNG
Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, no pleno do Parlamento. BNG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta