A Xunta declara proxecto prioritario a fábrica de tratamento de papel de Ence nas Pontes

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/06/2023 | Actualizada ás 15:37

Comparte esta noticia

A Xunta declarou como iniciativa empresarial prioritaria o proxecto da compañía pasteira Ence para pór en marcha unha fábrica de transformación de pasta de papel reciclada no municipio coruñés das Pontes, dentro da área de transición xusta que foi declarado este concello ante o peche da central térmica.

O Consello da Xunta deu luz verde na súa reunión deste xoves esta declaración, que permite a aceleración de tramitación deste proxecto industrial, definido en palabras do presidente galego, Alfonso Rueda, como "pioneiro a nivel mundial" ao ser "o primeiro" que permitirá a transformación de pasta de papel e o seu branqueo nunha mesma planta.

Na rolda de prensa posterior ao encontro do novo Executivo galego tras a remodelación acometida polas saídas para formar parte da lista do PP nas próximas xerais, Rueda sinalou que a iniciativa de Ence suporá un investimento de 125 millóns de euros e a creación de 120 postos de traballo directos.

O complexo industrial de Ence na Ría de Pontevedra
O complexo industrial de Ence na Ría de Pontevedra | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta