Máis de 11.400 persoas participarán este fin de semana nas oposicións do Sergas

A inmensa maioría irán o domingo á de Enfermaría, cunha oferta de 1.556 prazas, e Monbus habilitará servizos especiais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/06/2023 | Actualizada ás 13:28

Comparte esta noticia

Máis de 11.400 persoas desprazaranse ata Silledaeste fin de semana, entre o sábado 24 e o domingo 25 de xuño, para participar nos exames da fase de oposicións para acceder a un total de 11 categorías do Servizo Galego de Saúde (Sergas). Entre todas elas, a oferta ascende a 1.640 prazas, a gran maioría en Enfermaría.

A primeira xornada arrincará no recinto feiral ás 9,00 da mañá do sábado. Ao recinto feiral acudirán en total 704 aspirantes ao concurso-oposición para obter un posto das seguintes categorías: inspector médico (20 vacantes), licenciado en ciencias químicas (5), farmacéutico inspector de saúde pública (18) e ATS/DUE (12).

Ese mesmo día pola tarde, ás 16,00 horas, serán os exames para licenciados en farmacia (6 prazas), medicina e cirurxía (19), ciencias biolóxicas (3), psicoloxía (2), e subinspector sanitario (6), con 485 persoas participantes en total.

Pero o groso das oposicións será o domingo a partir das 10,00 horas. E é que, ademais das probas da categoría de inspector farmacéutico, nas que 149 aspirantes buscarán obter unha do cinco prazas ofertadas, irán ata Silleda outras 10.101 persoas para realizar o exame de Enfermaría.

Este último trátase dun concurso-oposición con 1.556 prazas, das cales a gran maioría (1.135) son de acceso libre. Haberá outras 332 vacantes por promoción interna e 89 reservadas para persoas con discapacidade.

Oposicións en Silleda para técnico en coidados auxiliares de enfermaría. XUNTA - Arquivo
Oposicións en Silleda para técnico en coidados auxiliares de enfermaría. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta