O verán arrinca en Galicia cos encoros con mellores datos que o ano anterior

Aínda así a capacidade diminuiu lixeiramente en relación á semana pasada.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/06/2023 | Actualizada ás 12:04

Comparte esta noticia

A primeira semana do verán deixou a reserva hídrica galega lixeiramente por baixo da que presentaba ao acabar a primeira, xa que do 72,6% da semana pasada, os encoros atópanse actualmente ao 71,8% da súa capacidade.

En todo caso, estes datos que facilitou este mércores o Ministerio para a Transición Ecolóxica, desvelan que as dúas concas en territorio galego, a do Miño-Sil e Galicia Costa, están en total case 16 puntos por encima da situación na mesma semana de 2022, cando o porcentaxe se situou no 56,13% nun verán marcado pola alerta por seca.

Concretamente, o boletín hídrico desta semana recolle que a conca Miño-Sil ten actualmente 2.146 hectómetros cúbicos embalsados, do total de 3.030 posibles, o que sitúa a reserva ao 70,8% un punto menos que a semana anterior, cando se atopaba ao 71,6%. Pola súa banda, os encoros da conca Galicia Costa teñen 521 hectómetros de auga embalsada, unha cifra lixeiramente inferior á da semana anterior, que os sitúa no 76,2%, fronte ao 77,3% de fai sete días, en canto á súa capacidade máxima.

A pesar destes rexistros, as choivas que precederon nas semanas e meses anteriores manteñen ambas as concas con case 16 puntos máis de auga embalsada fronte á situación de hai un ano.

Encoro de Chandrexa de Queixa (Ourense)
Encoro de Chandrexa de Queixa (Ourense) | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta