Novas oposicións á Xunta con 200 prazas de emprego público

A segunda fase das oposicións celebradas nos meses de xuño e xullo serán entre o 20 de setembro e o 19 de novembro

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/06/2023 | Actualizada ás 17:50

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou este xoves que a Administración autonómica convocará un total de 195 prazas de emprego público, "a maioría" de acceso libre, 148, mentres que os 47 restantes serán de promoción interna.

A reunión semanal do Goberno galego deu 'luz verde' a esta convocatoria, que en próximos días sairá publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG), e que consta de 130 vacantes na escala técnica de orientación laboral, correspondentes ao grupo A2. Ademais, haberá 20 da escala técnica de condución (grupo C1), 16 na escala de sistemas e tecnoloxías da información (A1), 10 na de letrados (A1), sete na escala de inspección turística, seis na de orientación laboral (A1) e outro seis na escala superior de estatísticos.

Así mesmo, Rueda confirmou que os 28 procesos selectivos que agora mesmo están en marcha, incluídos os que se desenvolveron este mes de xuño e os que se desenvolverán en xullo, celebrarán a súa segunda fase de exames "entre o 20 de setembro e o 19 de novembro".

Ao longo do mes de xuño, celebráronse 24 procesos de oposicións nos que participaron un total de 1.000 aspirantes --unha participación do 50 por cento-- para 218 prazas. Ademais, este fin de semana arrincarán no recinto feiral de Silleda (Pontevedra) outros exames para diferentes categorías da Xunta, ás que se sumarán outras probas na Facultade de Dereito de Santiago para a escala técnica de finanzas e de auxiliar de informática.

Oposicións á Xunta no recinto de Amio, en Santiago de Compostela
Oposicións á Xunta no recinto de Amio, en Santiago de Compostela | Fonte: XUNTA.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta