Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/06/2023 | Actualizada ás 20:10
Manuel Vázquez, xerente de Norinver Montaxes e Enxeñaría, foi reelixido este xoves como presidente da Asociación Clúster do Naval Galego, Aclunaga, na asemblea celebrada en Santiago de Compostela.
Ademais de Vázquez, formarán parte da Xunta Directiva, Xocas Cardama (Cardama Shipyard), Andrés Moya (Detegasa), Casiano Igrexas (Chorro Naval), Alicia González (Regenasa), Carlos Alonso (Baliño), Marcos Freire (Freire Shipyard), Jesús Villacañas (Metalships & Docks), Javier Rasilla (Aister), Jesús Ferradáns (Gamelsa), Pedro Maiztegui (Talleres Maiztegui), Patricio Fernández (Aimen), Antonio Llago (Gabadi), Jorge Dahl (COIN), Javier Díaz Arnau (Muéstralo), Jose A. Camblor (T E M Ganain), Pablo Carceller (Faustino Carceller), e Francisco Cuervas (Ghenova Enxeñaría).
O novo equipo directivo prevé consolidar a posición do clúster dos últimos anos, centrando boa parte da súa actividade na internacionalización das empresas, coa apertura de novos mercados e entrada en novos nichos de negocio.
De feito, só en 2022 Aclunaga realizou 24 misións comerciais; así mesmo, participou en proxectos colaborativos en innovación, e reforzou a súa aposta pola industria 4.0 e a dixitalización de procesos. Tamén manterán as liñas de traballo ao redor das oprtunidades que ofrece a transición cara a enerxías verdes, a electrificación de buques, o uso de baterías ou hidróxeno, etc.
No balance realizado na asemblea, Aclunaga fixo mención á "importante" participación e colaboración das administracións e entidades públicas nos últimos anos, "fundamentais" para desenvolver as diferentes iniciativas do clúster.
Manuel Vázquez sinalou na súa intervención que as expectativas do sector, tanto en construción como en fabricación de bens ou en eólica mariña, pon de manifesto que o "talón de Aquiles" desta industria é a captación de recursos humanos. Por iso, animou ás empresas a abrir un debate sobre a situación e as posibles medidas a adoptar.
O presidente de Aclunaga agradeceu a reelección e subliñou "a honra e a responsabilidade" que supón representar ás empresas asociadas durante catro anos máis.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.