Manuel Merelles, o novo director de Turismo de Galicia que pretende lograr obxectivos con "sentidiño"

Merelles foi durante máis de 24 anos o responsable de comunicación da axencia de Turismo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/07/2023 | Actualizada ás 19:13

Comparte esta noticia

Manuel Merelles tomou posesión este luns como novo director de Turismo de Galicia en substitución de Nava Castro, á que sucede co obxectivo marcado polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, de "seguir batendo marcas con sentidiño".

O titular do Goberno galego presidiu o acto de toma de posesión de Merelles, ao que encomiou polos seus 24 anos de experiencia no departamento de turismo, onde exerceu como responsable de comunicación desde xaneiro de 1990.

"Chega unha persoa que se ten que facer cargo de seguir batendo marcas con sentidiño e de consentir ao sector para que nos siga dando moitas satisfaccións", resaltou Rueda, que agradeceu o traballo realizado por Nava Castro, que deixou o cargo para asumir o bastón de mando en Ponteareas.

Natural da Rúa (Ourense), é licenciado en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid. Traballou en varios medios de comunicación ata a súa chegada á Xunta en 1991, como redactor do gabinete de Presidencia.

Exerceu tamén como xefe de prensa na entón Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e na sociedade autonómica Sogama. Desde xaneiro de 1999, era o responsable de Comunicación da Axencia de Turismo de Galicia.

Toma de posesión do novo director de Turismo de Galicia, Manuel Merelles, acompañado do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a directora saínte Nava Castro. XUNTA
Toma de posesión do novo director de Turismo de Galicia, Manuel Merelles, acompañado do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a directora saínte Nava Castro. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta