A USC pon en valor o formato podcast polas súas "infinitas posibilidades para o ensino e a aprendizaxe"

A Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo pon en marcha o proxecto ‘Petíscame. Videopodcast sobre libros e ilustración con creadoras galegas'.

Por Galicia Confidencial | LUGO | 07/07/2023 | Actualizada ás 17:51

Comparte esta noticia

O formato podcast semella ten irrumpido no ensino superior con vocación de pemanencia, segundo constatou a profesora da Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo Rocío García Pedreira, impulsora e responsable da coordinación do proxecto ‘Petíscame. Videopodcast sobre libros e ilustración con creadoras galegas'.

Imaxe promocional de Petíscame videopodcast
Imaxe promocional de Petíscame videopodcast

Os resultados desta experiencia educativa na que tomaron parte como protagonistas preto de medio centenar de estudantes que aspiran a ser docentes son “óptimos” no plano educativo, salientou García Pedreira, para logo sinalar “a mellora da atención por parte do alumnado e da súa motivación, así como a ampliación e a adaptación de contidos con ritmos máis dinámicos”, como algunhas das vantaxes que ofrece este recurso.

O formato podcast é unha tendencia en auxe no relativo ao consumo de medios e de contidos nos tempos de ocio, pero constitúe tamén unha porta aberta para rachar coa estrutura ríxida da docencia tradicional e par avanzar na innovación en estratexias e procesos educativos, comenta Rocío García Pedreira, quen tamén cita a aprendizaxe ou familiarización do uso de novas tecnoloxías, a mellora da comunicación e expresión oral e mesmo o desenvolemento de capacidade de traballo en equipo ou, entre outras, de habilidades sociais como algunhas das vantaxes que reporta o podcast, en particular, e os contidos audiovisuais, nun senso máis amplo.

A ampliación das canles de comunicación, en en consecuencia, a posibilidade de acadar unha interacción social maior e máis ampla, a promoción do coñecemento libre de forma sinxela e a demanda, así como a promoción de valores e liberdades constitúen, na opinión de García Pedreira, outras das potencialidades que dispensa o formato podcast, un recurso novo e aliñado coa era dixital que tamén estimula a creatividade.

Logo de varios meses de intenso traballo, García Pedreira fai un balance netamente positivo da primeira tempada de videopodcasts ao abeiro do proxecto ‘Petíscando Libros’ e confía en poder darlle continuidade a unha iniciativa innovadora, cuxa primeira edición tivo por obxectivo a produción dun videopodcast de divulgación en galego con perspectiva de xénero sobre o mundo dos libros e da ilustración a partir de entrevistas a creadoras.

Os distintos capítulos que compoñen este videopodcast foron deseñados e gravados integramente polo alumnado, que tamén participou nas labores de difusión e promoción dos 8 capítulos, que xa están accesibles en formato vídeo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta