Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/07/2023 | Actualizada ás 20:04
A cabeza de lista de Sumar por Pontevedra e ex presidenta do Consello de Relacións Laborais de Galicia, Verónica Martínez Barbero, referiuse este venres á folga do metal que está en curso e puxo a súa experiencia profesional "a disposición" das partes do conflito. Así, a inspectora de traballo fixo fincapé na "necesidade de que os conflitos vueltan á mesa para poder solucionarse".
"Eu son mediadora da provincia de Pontevedra con anos de experiencia e póñome a disposición se calquera das partes considera que podemos ser de axuda", manifestou. Martínez Barbero foi tamén directora xeral de Traballo no Ministerio que dirixe Yolanda Díaz no Goberno de Pedro Sánchez.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.