Baixa participación no comezo das oposicións para auxiliar de clínica da Xunta: tan só un 55 %

Arrincaron en Silleda este sábado coas probas para acceder a 54 prazas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/07/2023 | Actualizada ás 14:07

Comparte esta noticia

As oposicións convocadas pola Administración autonómica para este fin de semana arrincaron en Silleda este sábado coas probas para acceder ás 54 prazas de auxiliar de clínica (C2) da Xunta. A porcentaxe de participación é dun 55 %. Na tarde desta xornada están previstos os exames de auxiliar de coidador.

A estes exames estaban convocados 1.842 aspirantes, dos que finalmente se presentaron un total de 1.106, polo que se trata do 55 por cento do total. Para as 65 prazas de auxiliar de coidador (C2) están chamadas 3.400 persoas.

O operativo formado por preto de 280 persoas controla que todos os procesos selectivos se desenvolvan de forma correcta, explica a Xunta, e "con total seguridade". O recinto dispón dunha ambulancia, habilitada pola Administración galega para atender calquera incidencia que poida producirse.

Miles de aspirantes vestíronse de negro como protesta mentres realizan as oposicións de Enfermaría do Sergas, no Recinto Feiral, a 25 de xuño de 2023, en Silleda
Miles de aspirantes vestíronse de negro como protesta mentres realizan as oposicións de Enfermaría do Sergas, no Recinto Feiral, a 25 de xuño de 2023, en Silleda | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta