Como contar unha historia en menos de 200 palabras

Xa hai gañadores do VI Concurso de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/07/2023 | Actualizada ás 16:45

Comparte esta noticia

A Real Academia Galega e PuntoGal entregan os premios do VI Concurso de microrrelatos a nove persoas entre os 7 e os 48 anos que proxectan o galego como idioma para todas as idades e todas as mensaxes. Entre todas suman un feixe de liñas e pouco máis de setecentas palabras, pero abondan para abordar grandes temas universais da vida e da literatura.

Nel Vidal, presidente da CTNL, presenta a plataforma agasallo.eu
Nel Vidal, presidente da CTNL, presenta a plataforma agasallo.eu

As nove historias premiadas no VI Concurso de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal, escritas por Nel Vidal (Ribeira, 1980), Nanda Misa (Vigo, 1978), Mónica Fraga (A Laracha, 1974), Andrea Bravo López (Ames, 2009), Mencía Jorge Cabaleiro (Vigo, 2006), Beatriz Martínez García (Teo, 2006), Ainhoa Valverde Silva (Baiona, 2012), Arwen Fernández García (Nigrán, 2014) e Mai Lemmen (Geldrop, Holanda, 2016), xa poden lerse na publicación dixital dispoñible nas páxinas web de ambas as institucións e do propio certame, relatos.gal, cadrando co acto de entrega dos galardóns (de entrada libre) que se celebrará esta tarde, a partir das 17:30 horas, na Fundación Luis Seoane (rúa San Francisco, 27 – A Coruña).

O amor, o humor, a perda, a culpa, o acougo ou a ledicia están no miolo destes nove textos escritos por persoas de distintas xeracións, desta volta entre os 7 e os 48 anos. Malia a distancia xeracional entre unhas e outras, estes relatos son boa proba de que as formas de sentir, de se emocionar, de padecer e de gozar permanecen”, expresan os presidentes da Real Academia Galega e PuntoGal, Víctor F. Freixanes e Manuel González González, no texto de presentación da publicación que recolle os contos gañadores.

Os relatos premiados tamén serán publicados no vindeiro número da revista Luzes xunto aos once finalistas, entre os que se atopan autoras e autores xa recoñecidos en pasadas edicións do concurso ou con libros publicados e premios noutros concursos de escritura.

O gañador do primeiro premio, o expresidente da CTNL, Nel Vidal (Ribeira, 1980), e a gañadora do terceiro, Mónica Fraga (A Laracha, 1974), imparten docencia no IES Rego de Trabe de Culleredo. A costureira e contacontos Nanda Costas (Vigo, 1978), veciña de Nigrán, fíxose co segundo premio na modalidade de persoas adultas

 

Na categoría xuvenil as gañadoras son Andrea Bravo López (Ames, 2009), alumna do IES do Milladoiro; Mencía Jorge Cabaleiro (Vigo, 2006), estudante do IES Castelao de Vigo; e Beatriz Martínez García (Teo, 2006), do IES de Cacheiras

 

Na categoría infantil as premiadas son Ainhoa Valverde Silva (Baiona, 2012), do CPI de Cova Terreña; Arwen Fernández García (Nigrán, 2014), do CEIP Humberto Juanes; e Mai Lemmen (Geldrop, Holanda, 2016), do CEIP Castrelo de Miño

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta