O Sindicato Labrego denuncia incidencias coa vacina da lingua azul e que causaron perdas económicas

A secretaria xeral do SLG, Isabel Vilalba, pediu unha reunión coa Consellería de Medio Rural debido a que a vacina provoca "mortes e dan lugar á momificación de fetos, abortos e infertilidade".

Por E.P. | Santiago | 11/07/2023 | Actualizada ás 18:09

Comparte esta noticia

A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG), Isabel Vilalba, pediu unha reunión coa Consellería de Medio Rural para abordar incidencias e perdas económicas debido á vacina contra a lingua azul, xa que provoca "mortes e problemas no ciclo xestante que están a dar lugar á momificación de fetos, abortos e infertilidade".

Por mor da confirmación de circulación no sur de Galicia do virus de lingua azul desde o pasado mes de febreiro, o SLG apunta que hai "varias granxas que se viron afectadas con incidencias relevantes".

Apunta que os gandeiros están preocupados "pola persistencia de reaccións adversas á vacinación", "recoñecidas pola propia Administración, e que motivaron unha modificación nas pautas de vacinación, que pasou a ser voluntaria no ano 2011". Os primeiros casos en Galicia desta enfermidade detectáronse na Mariña en 2008.

AGROMURALLA ACUSA ÁS LÁCTEAS

Noutra orde de cousas, Agromuralla acusou ás industrias lácteas de "aumentar os seus beneficios estrangulando aos produtores", xa que considera "totalmente inxustificada" a rebaixa xeneralizada entre tres e cinco céntimos no prezo do leite de orixe.

Por iso, esixe á Xunta que publique "datos oficiais de custos de produción" e non dea subvencións a empresas que paguen por baixo desta cifra. Así mesmo, pide unha "actuación de oficio da AICA", dependente do Ministerio de Agricultura, ante os "incumprimentos reiterados" da lei de cadea alimentaria.

Isabel Vilalba, secretaria xeral do SLG
Isabel Vilalba, secretaria xeral do SLG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta