Por E.P. | OURENSE | 12/07/2023 | Actualizada ás 17:52
A Garda Civil investigou a catro persoas de Biscaia, Murcia, Valencia e Sevilla ao esclarecer outros tantos delitos de estafa e falsidade documental por mor das denuncias interpostas por 16 veciños de Ourense.
Segundo informa o Instituto Armado, a alerta produciuse despois de que os afectados tentasen comprar varios palés de 'pellets' e, tras formalizar o pago, non recibisen a mercadoría nin o reembolso do diñeiro gastado.
Tras realizar a Garda Civil varias investigacións, os axentes comprobaron que a web fraudulenta recibía os encargos, expedía unha factura de pago e informaba de que en días posteriores á transacción recibirían a compra, pero isto nunca ocorreu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.