As altas temperaturas do verán, un fenómeno cada vez máis grave pola súa crecente mortalidade

En 2022, producíronse 237 mortes por cada millón de habitantes en España. .

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 15/07/2023 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

As altas temperaturas marcan, cada ano en maior medida, o periodo estival. Este ano, o mes pasado foi o xuño máis cálido rexistrado no mundo, segundo Copernicus, e a semana pasada rompeuse un novo record global de temperatura, segundo datos da Organización Meteorolóxica Mundial. Pero o máis preocupante disto son os datos.

Ourense, en alerta vermella por altas temperatura
Ourense, en alerta vermella por altas temperatura | Fonte: EUROPA PRESS

Segundo o Instituto de Salud Global de Barcelona, no verán de 2022, España converteuse no 3º país europeo con maior tasa de mortalidade por mor da calor, Rexistrando 237 mortes por cada millón de habitantes. Ademais o ISGlobal, alerta de que as persoas maiores de 80 anos son o grupo de idade que presenta maior taxa de mortalidade. As mulleres tamén representan unha porcentaxe maior que os homes.

Todo isto débese ao cambio climático deribado da alta contaminación que producimos as persoas no planeta e que xera problemáticas como o aumento do nivel do mar ao derretirse os polos ou a súbida drástica da temperatura global. Porén, dende a Unión Europea, búscase sacar adiante a Lei de Restauración da Natureza. Hoxe esta logrou superar, por unha estreita marxe, un voto crítico no Parlamento Europeo, de forma que esa icónica e controvertida iniciativa do Pacto Verde Europeo poderá proseguir a súa tramitación lexislativa.

A Eurocámara terá agora que negociar a normativa definitiva co Consello da UE, onde os Estados membros xa acordaron un enfoque común sobre un proxecto de lei ao que se opoñen frontalmente a extrema dereita e o Partido Popular Europeo (PPE), así como as grandes explotacións agrícolas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta