23X-Miguel Tellado sinala que Pedro Sánchez "maltratou a Galicia" durante o seu mandato

O vicesecretario de Organización do PP e cabeza de lista pola Coruña, indicou que "durante destes cinco ano Pedro Sánchez nomeou 43 ministros, dos que só 22 están en activo e 21 xa pasaron e xa foron cesados".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/07/2023 | Actualizada ás 17:53

Comparte esta noticia

O vicesecretario de Organización do PP e cabeza de lista pola Coruña, Miguel Tellado, asegurou que Pedro Sánchez "maltratou a Galicia" durante os últimos anos. Así o fixo este venres na súa visita á Praza de Abastos de Santiago acompañado do portavoz do grupo municipal do PP, Borja Verea, e o líder do PP na provincia da Coruña e vicepresidente primeiro da Xunta, Diego Calvo.

Tellado animou a "todo o mundo a votar" independentemente do que voten. "É verdade que Pedro Sánchez o que participe é pouca xente e que haber se votando pouca xente o consegue gañar pola mínima e quedar á fronte do Goberno de España pactando cos partidos minoritarios e radicais do espectro político español", esgrimiu.

Os populares "o que queren" é, en palabras de Tellado, "gañar as eleccións de forma contundente e ampla" para poder gobernar España "desde a estabilidade e moderación". A continuación, asegurou que estes foron "catro anos desastrosos para Galicia" no que o Executivo de Pedro Sánchez "deulle as costas á Comunidade" e puxo como "exemplo máis evidente" que durante este cinco anos houbo catro delegados do Goberno.

"Durante destes cinco ano Pedro Sánchez nomeou 43 ministros, dos que só 22 están en activo e 21 xa pasaron e xa foron cesados", remarcou. Con isto, cualificou ao Goberno do PSOE como "completamente inestable, roto e dividido". Un Goberno de coalición que "no canto de resolver os problemas das persoas, convertéronse no principal problema do país".

"GOBERNO QUE RESOLVA PROBLEMAS"

Por iso, incidiu en que o seu partido quere "un Goberno que goberne e que resolva problemas" polo que apelou á "concentración do voto de centro dereito e ao do cambio". Para os populares Feijóo pode "ser un magnífico presidente" para Galicia, xa que durante 14 anos foi presidente da Xunta e "coñece mellor que ninguén" as problemáticas de Galicia.,"A confluencia dun Alfonso Rueda á fronte da Xunta e un Alberto Núñez Feijóo desde o Goberno de España pode ser tremendamente positivo para a nosa comunidade", apuntou.

Tellado asegurou que Pedro Sánchez "maltratou a Galicia" durante todo este tempo e que iso pode verse "non só" nos fondos dos Orzamentos Xerais do Estado "que ano tras ano penalizaban a Galicia cun abandono estrepitoso", tamén na repartición de fondos europeos, en materia de infraestruturas ante o que puxo como "exemplo evidente e palpable" o viaduto da A-6. "O abandono do Goberno de Pedro Sánchez a Galicia queda perfectamente constatado nos malos tratos que teñen sufrido a industria na nosa Comunidade", subliñou.

O BNG, "CERO Á ESQUERDA"

O vicesecretario de Organización do PP lamentou "o papel do BNG durante todo este tempo" e cualificouno como "un cero á esquerda" para Galicia. Nesta liña, incidiu en que "foi o único nacionalismo" que apoiou a investidura de Pedro Sánchez de "forma gratuíta e a cambio de nada".

Así mesmo, lembrou que o BNG "votou a favor da Lei que liberou a máis de 100 violadores e pederastas". Así, tachou ao BNG de "corresponsable nese erro monumental" co que "para á historia Pedro Sánchez como principal responsable".

O vicesecretario de Organización do Partido Popular, Miguel Tellado. Foto de arquivo. Juanma Serrano - Europa Press
O vicesecretario de Organización do Partido Popular, Miguel Tellado. Foto de arquivo. Juanma Serrano - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta