O papel de Esther Cid

Hai poucas veces nas que se pode ver ao presidente da Xunta disfrutar, coma calquera veciño, das rúas e do tempo de Santiago. Onte foi un deses días...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 11/06/2008 | Actualizada ás 13:11

Comparte esta noticia

None

Quen coñece ao xefe do Executivo Galego asegura que Esther Cid é un dos seus principais soportes e con ela consulta moitas das decisións importantes do seu goberno. Precisamente, foi o propio Touriño quen quixo que a súa muller teña un papel relevante na vida pública e que o acompañe ós principais actos que desempeña coma presidente, sexan ceas, galas ou viaxes ao exterior.

Dende a Xunta aseguran que o modelo que Touriño lle quere imprimir a vida pública é completamente diferente ao de Fraga. O ex mandatario galego era un home hiperactivo que, segundo ten declarado en público, non quería mesturar "o traballo coa familia". De feito, era moi raro ver a Fraga en compaña da súa muller durante os actos oficiais. "O máis lóxico é amosar aos galegos que o seu presidente é coma eles, que ten unha muller e unha familia, como calquera galego máis", apuntan dende o Executivo galego para defender a presencia de Cid nos actos institucionais da Xunta.

Non opina o mesmo a oposición. Os populares xe teñen criticado no Parlamento o "protagonismo da primeira dama". Cren que darlle relevancia distorsiona o papel do presidente e comparan o que acontece no goberno galego co de España, onde a muller de Zapatero, din, está sempre nun segundo plano e mesmo evita os actos públicos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

12 Oscar

Unha pregunta indiscreta, ¿por qué se fala do baño de Touriño e non se fala da crise ou da folga destes días neste foro?

11 Losada

Steamroller es un fenómeno. Xa vexo que sabes de damas.
"Damas de alta alcurnia y de baja cama" y Torito en el ruedo.

10 Antón

AGORA NOS ADICAMOS Á VIDA ROSA?

9 Steamroller

¿cig,ugt,cecehohó? ¿Protestando contra o goberno e o goberniño? Pero como se pode ter tanta cara, se son a mesma merda, se todos antes de dar un so paso pasan polos despachos dos altos cargos a recibir instrucións, ¿Ou que se pensan? ¿Qué somos todos parvos ou qué?

O que hai que facer é correr a gorrazos a estes chanchulleiros chupópteros de merda.

8 anónimo

campaña sindical unitaria de defensa dos servicios publicos e de rexeitamento dos chiringuitos clientelares que conforman unha auténtica administración paralela na xunta de galicia:

PRIMEIRO ACTO DE PROTESTA
ás 11,30h. de mañán xoves, dia 12 de xuño, delegados sindicales e traballadores da administración autonómica concentraranse unitarias diante dos edificios administrativos de coruña, ferrol, lugo, ourense, pontevedra e vigo.

convocan cig, ccoo, uxt e csi

- en defensa duns servicios publicos de calidade
- polo desmantelamento dos chuiringuitos da xunta de galicia