O papel de Esther Cid

Hai poucas veces nas que se pode ver ao presidente da Xunta disfrutar, coma calquera veciño, das rúas e do tempo de Santiago. Onte foi un deses días...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 11/06/2008 | Actualizada ás 13:11

Comparte esta noticia

None

Quen coñece ao xefe do Executivo Galego asegura que Esther Cid é un dos seus principais soportes e con ela consulta moitas das decisións importantes do seu goberno. Precisamente, foi o propio Touriño quen quixo que a súa muller teña un papel relevante na vida pública e que o acompañe ós principais actos que desempeña coma presidente, sexan ceas, galas ou viaxes ao exterior.

Dende a Xunta aseguran que o modelo que Touriño lle quere imprimir a vida pública é completamente diferente ao de Fraga. O ex mandatario galego era un home hiperactivo que, segundo ten declarado en público, non quería mesturar "o traballo coa familia". De feito, era moi raro ver a Fraga en compaña da súa muller durante os actos oficiais. "O máis lóxico é amosar aos galegos que o seu presidente é coma eles, que ten unha muller e unha familia, como calquera galego máis", apuntan dende o Executivo galego para defender a presencia de Cid nos actos institucionais da Xunta.

Non opina o mesmo a oposición. Os populares xe teñen criticado no Parlamento o "protagonismo da primeira dama". Cren que darlle relevancia distorsiona o papel do presidente e comparan o que acontece no goberno galego co de España, onde a muller de Zapatero, din, está sempre nun segundo plano e mesmo evita os actos públicos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

2 Picheleiro

Ostras, ¿E como a chamará, Esther ou Esteriña? Propoño que o enebejé eleve unha consulta á RAG para solucionar este terrible embrollo, vital para o futuro da nosa terra a corto e medio prazo.

1 Bule bule

E María Patiño que pensa disto?? :D