O que tira a "morriña" galega... a conta que xa ten máis seguidores que o perfil oficial de Turismo da Xunta

Paula Viñas, administradora da conta @lugaressecretosdegalicia admite que non o fai por cartos senón por "amor a súa terra". "Ao primeiro criticabanme por escribir os posts en galego e esto creaba moita polémica", di.

Por Águeda Cernadas | Santiago de Compostela | 04/08/2023 | Actualizada ás 22:16

Comparte esta noticia

Paula Viñas ten 38 anos, é galega de toda a vida, máis concretamente de Vilanova de Arousa, e estudou Turismo, pero por culpa da falta de emprego aquí, tivo que marchar a Mallorca no 2015 para poder traballar. Unha vez alí non deixaba de botar a súa terra en falta e por esa morriña comezou a subir fotos ao Facebook que ela tiña de cando vivía aquí.

Paula Viñas
Paula Viñas | Fonte: Paula Viñas

Nun principio só estaba en Facebook e de feito tivo que pedirlle axuda aos seus pais para poder aceptar as solicitudes. Máis adiante decidiu abrir tamén unha conta en Instagram e dende entón os seguidores non deixan de crecer.

A conta chámase lugaressecretosdegalicia e conta con 138.000 fans e a día de hoxe supera á conta oficial de Turismo da Xunta que ten 127.000. Nela publica vídeos e fotos que ela saca ou de usuarios que llos mandan para que os resuba e explica a ubicación e datos sobre estes lugares.

A maioría dos seus seguidores son galegos pero tamén ten público do resto de España e sobretodo de Latinoamérica. Paula conta que unha vez lle falou un home de Chile que buscaba aos seus avós e quería visitar Galicia para coñecer as súas raíces. "Él mesmo me dixo que alí en Chile moita xente visualizaba o meu contido, porque según me dixo Chile e Galicia parécense moito.

CRÍTICAS POR ESCRIBIR EN GALEGO

No referido aos "hate", moi común nas redes, o que máis recibe é dos propios galegos que non queren que se masifiquen lugares que todavía non son moi turísticos, ante as críticas, Paula recorda que a súa intención non é esa senón que é "promocionar Galicia porque a queremos e a adoramos". Por sorte non recibiu comentarios negativos sobre Galicia, si que recoñece que "ao primeiro criticabanme por escribir os posts en galego e esto creaba moita polémica". 

Paula ademais traballa en hostaleria, algo que lle quita a meirande parte do día. "Antes publicaba 5 ou 6 posts ao día agora esto é imposible", recoñece. "Ultimamente co traballo só podo compartir 3 publicacións á semana e intento sacar tempo de donde sexa para non perder o ritmo, hai días que se teño un oco mentras traballo utilízoo para subilos", explica Paula.

POR "AMOR" A GALICIA

Aínda así, a administradora da conta explica que isto "non o fai por cartos", de feito rexeita facer publicidade na súa conta cando lla ofrecen. Ela só o fai por amor a súa terra, pero si que recoñece que algunha vez lla colaron. Unha vez volveu subir un vídeo sen velo enteiro antes porque estaba traballando e resulta que había publicidade ao final.

En canto aos seguidores, Paula conta que en Instagram o crecemento empezou de xeito lento.. "Cando chegei aos mil non mo cría e parecíame moito pero tiña cinco mil e estaba en shock", lembra. E de súpeto, dun ano para outro, sobre o 2018 pasou de 5.000 a 30.000 e despois chegou a pandemia e con iso o boom dos seguidores. Dende esa, a conta non deixa de crecer.

Finalmente recoñece que pensou en deixala fai un tempo pero admite que "téñolle moito cariño a Galicia e gústame darlle visibilidade ademais moitos seguidores, que viven da fotografía ou de facer vídeos agradecíanme que subira o seu traballo porque as súas contas crecían cando os publicaba".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Rigo

Eu amo a miña terra e por iso non me atrevo a publicar ningún tipo de contido deste tipo polo mesmo motivo que as críticas que recibiu. Son da Arousa, vivo en Compostela e en ningún dos lugares podo residir sen sufrir o impacto turístico e colonial. Por iso recalco que o desta rapaza e unha maneira de pasar o tempo e facer negocio que me parece xenial, pero que busque unha maneira que non repercuta o conxunto do país e sendo serios, é unha modernada sen sentido este tipo de perfís.