A resaca electoral

Votou a xente e saiu á luz o seu veredicto. Votou con plena liberdade e sen nada que salientar, pois non houbo ningún incidente. Correos fixo moi ben o seu traballo e nada que dicir. Todo estivo dentro da máis absoluta normalidade. Polo que chegou o tempo das análises pra tirar conclusións.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 31/07/2023

Comparte esta noticia
 
O trunfo dos populares resulta ser unha victoria  moi importante, mais un chisco  descafeinada. Pois pode non cheguen á Moncloa  e iso xa é unha derrota que pode deixar á dereita e a Vox sen tocar poder. Todo un éxito que moitos celebramos.   A Feijoo a campaña fíxoselle longa, pois partiu dunha premisa que estivo asentada na descalificación, non só do presidente se non das institucións,  e eso non todo o mundo ó tragou e o soportou. Polo que creou un rechazo mobilizador  da esquerda socialdemócrata e do chamado progresismo.  Dado que a cidadanía  quere vivir fora da confrontación e da descalificación, e non  aproba o insulto e as mentiras como argumento pra convencer ós  votantes.  E eso foi captado por moitas persoas que lembran que o PP cos seus compañeiros de viaxe viven  contando trolas e  medias verdades  que auguraban  un tempo  broncas e cheo de retrocesos sociais. Ademais  durante a mesma  repetían o mantra de derogar ó sanchismo  e a anulación de  leis  sociais  que non obrigan a ninguén,  mais que son necesarias nunha sociedade democrática
Agora, despois dos resultados coñecidos,  a derogación do sanchismo   xa é  pasado.
Sánchez salvou os mobles e en certa medida reforzouse.   E o  que parecía un trunfo  importante, deixa  unha situación complexa e moi dificil pra unha dereita que soamente ten como aliado a Vox e o lema: que te vote Chapote. 
 
A España actual é moito maís diversa e tolerante que a dos cencerros  que se agochan no odio permanente ó diferente, e que lle rinden culto, sin delcilo abertamente,  ó que foi unha ditadura de coarenta anos. En fin, chegou a hora da política e veremos se hai goberno ou repetición electoral. 
 
Achegándome ó que aconteceu en Galicia, cabe sinalar que, nas dúas provincias menos deselvoltas como son Lugo e Ourense,  os da gaivota arrasaron. E a pregunta que me salta á mente e a seguinte: Que lle deben estas dúas cidades ó grupo que as goberna  dende sempre?  Os anos pasan e  moi pouco ou nada teñen que presentar de progreso en todos os seu índices económicos e sociais. Mais a xente sígueos a votar. Por que será? No caso de Ourense, a decadencia provincial  é  moi evidente.
 
No tocante ó nacionalismo galego supoño que terán que facer unha fonda e sexuda reflexión si queren mellorar.  Ademais de  deixar de laiarse falando de que son campañas electorais moi polarizadas. Todas as campañas nas eleccións xerais están moi polarizadas. E esta moito máis.  Ben sei que no Bng a verba resistencia sempre é a que  sae gañando. Resistir é a súa virtude. Mais con eso non chega. Pois, nos votantes o cansancio de ser sempre minoría, desmoraliza. E así non se vai a ningures. Galicia precisa unha forza política que, facendo unha lectura non dogmatizada desta terra,  e sen ataduras ideolóxicas,  sexa capaz de entrarlle na bolsa dos votos ós populares. E despois facer unha  política  practica que sexa percibida polos cidadáns. Unha política que teña consecuencias positivas. E, de momento,  esa formación ainda non  se ve ou non naceu.
 
Remato, a resaca electoral deste 23 J deixa un arrecendo  en Galicia  na que trunfa a cor azul.  Tamén sinala  que  a Galicia mariñeira é unha cousa moi distinta  a do interior. Que o PSOE perdendo uns escanos  resite. Que Sumar faise un oco que supera o nacionalismo galego actual;  e que o Bloque debía reflexionar e trocar de rumbo se non quere se soamente testimonio na capital do reino.
 

O secretario xeral do PSOE e presidente do Goberno de España, e candidato á reelección, Pedro Sánchez, intervén durante un mitin electoral
O secretario xeral do PSOE e presidente do Goberno de España, e candidato á reelección, Pedro Sánchez, intervén durante un mitin electoral | Fonte: Rober Solsona - Europa Press
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com