Publicada a lista de axudas para actividades de información e promoción de produtos agroalimentarios galegos

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución das axudas da Consellería do Medio Rural correspondentes á convocatoria de 2023.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/08/2023 | Actualizada ás 11:36

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución das axudas da Consellería do Medio Rural para o apoio ás actividades de información e promoción realizadas por grupos de produtores no mercado interior correspondentes á convocatoria de 2023. Tal e como detallou a Consellería nunha nota de prensa, estas achegas están cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

En total, nesta convocatoria son 68 as actuacións que son obxecto destas subvencións, por un importe global de 2.446.736 euros. Os fondos destínanse a apoiar a realización de accións de promoción, asistencia e organización de feiras, así como á elaboración de estudos de mercado ou á programación de xornadas divulgativas.

Estas axudas teñen como obxectivo incentivar as actuacións de información e promoción dos produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada. Así, os beneficiarios son tanto os consellos reguladores de produtos con denominación de orixe e indicación xeográfica protexida e da agricultura ecolóxica como asociacións de produtores. As subvencións concedidas oscilan entre o 30 e o 70 por cento do investimento realizado en cada acción de promoción.

Patacas
Patacas | Fonte: COAG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta