Convocado para o 23 de setembro o primeiro exame para cubrir 89 prazas de policía local en Galicia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/08/2023 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

O primeiro exame para a cobertura de 89 prazas de policía local en 24 concellos galegos será o 23 de setembro, ás 10,00 horas, segundo acordou o tribunal encargado de avaliar o proceso selectivo na súa sesión constituínte, celebrada hoxe na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp).

A proba xuntará a máis dun milleiro de aspirantes e terá lugar no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda, informa a Consellería de Presidencia. O exercicio consistirá na realización dun test dun centenar de preguntas con catro respostas posibles, sobre os 40 temas que compoñen o contido teórico de acceso.

Entre eles figuran dereito constitucional e penal, policía administrativa, tráfico e seguridade viaria, así comodeontología policial, violencia de xénero e dereitos humanos. Segundo acordou tamén o tribunal, as 300 persoas coas mellores cualificacións serán convocadas ao terceiro exercicio, de aptitude física e que inclúe probas de velocidade, de potencia de trens superior e inferior, de resistencia xeral e de natación.

O segundo exercicio correspóndese co coñecemento do galego, do que están exentos quen achegue certificado de Celga 4 ou equivalente. Realizarase tamén unha proba psicotécnica para determinar as actitudes e aptitudes persoais e a súa adecuación ás funcións policiais. Os exercicios culminan cun recoñecemento médico.

Dos municipios que ofertan prazas a maior parte son da provincia da Coruña, coa Coruña, Ames, Bergondo, Betanzos, Carballo, Ferrol, Muxía, Narón, Noia, Padrón e Porto do Son. Da provincia de Pontevedra figuran prazas nos concellos de Baiona, Caldas de Reis, Cuntis, Gondomar, Marín, Ponteareas, Redondela, Sanxenxo, Tomiño, Tui, Vigo e Vilanova de Arousa. A todos estes súmase o de Lugo.

Coche da Policía Local de Tui
Coche da Policía Local de Tui | Fonte: Concello de Tui

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta