Opción 3, por suposto. Da mesma maneira que ti votarías sen rechistar, 2. E por que non poderías botar na urna 2 votos que senón o farías tamén. Mira rapaz, exemplos de apoio do PSOE o PP hai exemplos por toda Galicia. Agora que non os queiras ver é outra cousa. Un exempliño así a bote pronto?? As declaracións de Paquiño Vázquez despois das eleccións autonómicas do 2005 dicindo que había que deixar gobernar a Fraga e o PP. Despois diso, seguiches votando SOE non, meu neno?? E se te refires o que pasou na anterior lexislatura, non creo que actuaran conxuntamente, pero se se descubre algo así non me estranaría nada. Os dous queren o bipartidismo, os dous queren polarizar tódolos votos e que mellor maneira que facer iso de "vótame a min para que non gañe o outro"? Simplemente a iso se reduciu a campaña electoral deses 2 partidos. Ten claro unha cousa Óscar: A finalidade dos dous partidos non é acabar co outro. Senón conseguir que o poder quede entre eles. Calqueira outra variable (partidos bisagra, 3º partido con posibilidades, etc) ten que ser eliminada.
Volvendo ó exemplo de Sir Paco. Que cres que pasaría se nas próximas eleccións Quintana ou Francisco Rodríguez dixeran o mesmo, Óscar?? Que cres que pasaría?? Pero non. Dinno un dirixente socialista, e seguro que moitos no SOE o aplaudiron. Non te caiba a menor dúbida.
Unha das razóns polas que non voto a ningún partido centralista é algo que calqueira cego podería ver. Son xente sen ningunha personalidade, que dependen totalmente de causas alleas a eles para gobernar. Nin teñen iniciativa nin están capacitados para gobernar se os seus "irmáns maiores" deixan de gobernar en Madrid. Ti cres que Fraga deixaría de gobernar se o PP non perdera as eleccións do 2004?? E a Touriño lle pasará o mesmo se o PSOE perde as eleccións xerais.
Eu non quero que volten, pero o que non estou disposto é a que ninguén me meta medo (ou polo menos o intente) para que vote a certo partido coma pretendes ti. O cal por certo, e propio dos partidos de dereitas. Ou non poder facer críticas por medo a que me digas iso de "estaslle facéndollo xogo ó PP" que tan bos resultados vos deron na anterior lexislatura. Parece que estades aprendendo ben.
Ah..para rematar, os tempos de "adhesións inquebrantables", bastións..graneiros, etc, espero que pasen á historia. Iso só serve para tomar a xente de idiota e para nada máis. Parece que algunha xente coa dictadura de Franco e de goberno Fraga parece que non tivo suficiente, non Óscar?? Pero claro, esta xente di: "agora gobernan os meus e imos face-lo que facía o PP". Xa ves Óscar, hai xente para todo. ;)
Anónimo: Iso pódecho explicar a túa profesora de parvulario, por que moita idade non debes ter se nen sequera eres capaz de poñerte un alcume.