Un motorista ferido de consideración en Trasmirás tras saírse da vía e chocar contra un muro

Tivo que ser trasladado en helicóptero ao hospital.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 07/08/2023 | Actualizada ás 09:54

Comparte esta noticia

Un motorista tivo que ser trasladado en helicóptero ao hospital despois de saírse da vía e chocar contra un muro no municipio ourensán de Trasmirás. Segundo informa o 112 Galicia, o sinistro tivo lugar ás 20.30 horas á altura do número 105 da rúa Emilia Pardo Bazán, na parroquia de Escornabois.

Foron os profesionais sanitarios os que se puxeron en contacto co 112 para comunicar a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense para atender ao motorista, que resultou ferido de consideración e tivo que ser trasladado ao complexo hospitalario da capital provincial. Para prestar apoio ao equipo sanitario, a central de emerxencias tamén pasou o aviso aos bombeiros de Xinzo e á Garda Civil de Tráfico.

Accidente de tráfico cun motorista implicado
Accidente de tráfico cun motorista implicado | Fonte: GARDA CIVIL DE OURENSE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta