Carta de Critias a Terámenes (III)

Amigo Terámenes, cando che entreguen este despacho, acompañará aos meus criados un home chamado Efialtes. É dirixente dunha poderosa facción política, un dos principais destas terras. Trátao con ostentación, dálle viño, praceres e moedas de cobre. Nada de prata nin ouro. Co indicado Efialtes terá a ilusión ser Distinguido. Como máximo regálalle un cabalo e dálle a opción para que poida decidir o sexo do animal. Así é como nestas terras os oligarcas tratan aos seus cargos. Escoitar a Efialtes sobre a arte de manipular.

Por Álvaro Rodríguez | Compostela | 08/08/2023

Comparte esta noticia
Rematou o sorteo de cargos  da Polis e ábrese un espazo que os oligarcas chaman “período de ilusión”.  Chámanlle “ilusión” xa que se basea en crenzas  e presuncións  onde as masas esperan ser asistidas con repartición  de soldadas, bens e servizos a cargo do erario público. 
En pouco  tempo o xentío seducido sentirase  defraudada ao non ver satisfeitos os seus apetitos. Os oligarcas, ante o xentío  escaldado, ordenarán  a unha  facción  que azuce e incite  á masa con novos enganos,  para preparar o próximo sorteo e así termina o ciclo ou “período de ilusión”, e realizarase novo sorteo de cargos. O ciclo nunca é superior aos 4 anos. Os recursos malgastados e malversados  son do erario público que paga o xentío.
O seu réxime é semellante ao doutras polis corruptas  onde os nosos iguais os oligarcas  teñen os seus clientes, criados ou seguidores, e  a cambio de malversacións, enganos  e malgaste  do caudal público reparten favores a cambio de fidelidade e apoios. O método é unha ruína, mais a ninguén das clases populares  parécelle importar.  E Os nosos iguais os oligarcas entre gargalladas desvergonzadas  tararean a coñecida cantilena “é  vontade do pobo”. 
 
Antes de finalizar estas letras insisto nas instrucións sobre Efialtes. É moi importante que o faccioso nunca sexa coñecedor das nosas reais riquezas, xa que do seu instinto sedicioso brotaría  a envexa. É por iso que co cabalo e os praceres xa ten suficiente.
En breve asistirei cos oligarcas a un cenáculo  na residencia do agraciado Máximo Maxistrado.  Teño sumo interese en coñecelo xa que ten as grandes habilidades de Esquilo, Aristófanes ou Sófocles. Amigo Terámenes, tras  a terceira lúa chea de verán recibirás o meu despacho. 

Vista xeral dun acto do presidente da República de Colombia, durante un acto no Congreso dos Deputados, a 3 de maio de 2023, en Madrid.. EUROPA PRESS
Vista xeral dun acto do presidente da República de Colombia, durante un acto no Congreso dos Deputados, a 3 de maio de 2023, en Madrid.. EUROPA PRESS | Fonte: A.MARTÍNEZ.POOL - Europa Press
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA