Os encoros galegos están a dous terzos da súa capacidade total, no 66,6 %

Contan con 2.473 hectómetros cúbicos de auga embalsada, apenas 18 menos que hai unha semana.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/08/2023 | Actualizada ás 16:46

Comparte esta noticia

Os encoros galegos sitúanse, de media, a dous terzos da súa capacidade total, ao contar con 2.473 hectómetros cúbicos de auga embalsada, apenas 18 menos que hai unha semana. Segundo datos ofrecidos este martes polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, as reservas baixaron menos de medio punto nos últimos sete días e sitúanse ao 66,6 %. O ano pasado por estas datas, estaban ao 52,6 %.

En concreto, os encoros da conca Miño-Sil descenderon lixeiramente ata o 66,6 % da súa capacidade, con 2.018 hectómetros cúbicos de auga (15 menos que a semana pasada). Ademais, están lixeiramente por encima da media dos últimos 10 anos. Pola súa banda, as presas da conca Galicia Costa están ao 66,5 % ao ter 458 hectómetros cúbicos de auga (apenas tres menos que fai sete días). Neste caso, si están algo por baixo da media da última década, situado en 495 hectómetros cúbicos.

DATOS ESTATAIS

No conxunto de España, as considerables precipitacións rexistradas esta semana na vertente atlántica non lograron frear o declive da reserva hidráulica, que se reduciu en 584 hectómetros cúbicos, é dicir, o 1 %, ata situarse no 41,1 %, segundo datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, que precisa que na actualidade gardan 23.053 hectómetros cúbicos.

Vista do encoro de San Martiño, a 17 de abril de 2023, en Ourense, Galicia
Vista do encoro de San Martiño, a 17 de abril de 2023, en Ourense, Galicia | Fonte: Agostime - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta