A Mancomunidade de Concellos do Camiño Francés presenta un novo folleto para promocionar o territorio

Participan del os concellos de Arzúa, Melide, Monterroso, O Pino, Palas de Rei, Paradela, Pedrafita do Cebreiro, Portomarín, Samos, Sarria e Triacastela.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/08/2023 | Actualizada ás 18:15

Comparte esta noticia

A Mancomunidade de Concellos do Camiño Francés presentou este martes o novo folleto turístico do Camiño Francés, baixo un convenio de colaboración para a promoción turística do territorio e deste itinerario. O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou do evento e sinalou que esta actividade de promoción conta cun orzamento de máis dun millón de euros.

No acto estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, así como polos alcaldes e representantes do once concellos que conforman a mancomunidade do camiño como Arzúa, Melide, Monterroso, O Pino, Palas de Rei, Paradela, Pedrafita do Cebreiro, Portomarín, Samos, Sarria e Triacastela.

O evento celebrouse na emblemática igrexa de Santa María a Real do Cebreiro e o director de Turismo de Galicia destacou o "traballo de promoción, conservación e posta en valor que historicamente estivo realizando a Mancomunidade, a máis antiga coa que conta o Camiño de Santiago". "Quero darlle o parabén pola proactividade coa que están a traballar na captación de fondos europeos para seguir traballando en favor do Camiño Francés" expresou o director.

O FOLLETO

O folleto que se presentou incorporou información de cada concello mediante códigos QR impresos que enlazan coa páxina web da mancomunidade. Desta maneira, permitirán unha renovación continua da información sobre aloxamentos, lugares de interese e actividades que se están desenvolvendo en cada municipio. Finalmente, este encontro serviu tamén para pór en valor as accións que se están levando a cabo no marco deste ano no que se celebrará o 30ª aniversario da declaración por parte da Unesco do Camiño Francés como Patrimonio da Humanidade.

A XUNTA E A MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DO CAMIÑO FRANCÉS PRESENTAN O NOVO FOLLETO TURÍSTICO DESTE ITINERARIO XACOBEO
A XUNTA E A MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DO CAMIÑO FRANCÉS PRESENTAN O NOVO FOLLETO TURÍSTICO DESTE ITINERARIO XACOBEO | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta