O Mercado de Abastos de Santiago, un exemplo da turisficación en Galicia

O mercado é o segundo lugar máis visitado da cidade, só superado pola Catedral.

Por Águeda Cernadas | Santiago de Compostela | 19/08/2023 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

O Mercado de Abastos compostelá, creado por Joaquín Vaquero Palacios, constitue xa o segundo lugar máis visitado da cidade, só superado pola Catedral. No primeiro cuadrimestre do pasado ano alcanzáronse máis de 200.000 pernotacións de turistas españois e máis de 70.000 peregrinos, acadando marcas "históricas".

Mercado de Abastos de Santiago
Mercado de Abastos de Santiago

E por que isto é relevante?, pois ben, a masificación do turismo na cidade e o comportamento deste ocupan titulares e son tema recurrente en redes sociais e por iso o Galicia Confidencial desplazouse ata o mercado para ver que opinan tanto traballadores como habituais sobre a gran cantidade de turistas que recibe o mercado.

E como todo en Galicia, a resposta depende de a quen lle preguntes, a un veciño, a un vendedor de legumes ou a un de licores, cada un ten unha opinión distinta segundo como lle afecte directamente.

Comezamos falando cunha vendedora de verduras e froita e ela é bastante clara; a masificación de turismo non lles beneficia en nada, ao final non lles mercan ningún dos seus produtos e simplemente "interrompen a experiencia de compra dos que van durante todo o ano", explicanos a muller que prefiere non dar o seu nome. O mesmo opina unha das súas compañeiras, "está ben que se visite pero nos vivimos disto e deberíase de primar os nosos dereitos e non pensar só nos turistas", explica.

"ENCANTADOS"

Por outra banda, preguntamos no posto de José Bermúdez Groumet, un establecemeto de conservas, licores e comida preparada, entre outros. "Nós estamos encantados co turismo. Ao final o noso produto é algo que atrae á xente porque é exclusivo e non o encontran e noutras cidades", explican dende o local. Con isto coincide Carmiña, que tamén ten un posto, no que vende carne e chourizos pero tamén patés ou licores. "Eu teño produto tanto para locais como para os turistas, polo que eu estou encantada con esta gran afluencia. Ademais, traballo con restaurantes, cantos máis visitantes, máis xente ten a restauración e polo tanto máis me encargan, ao final é todo unha cadea", conta Carmiña.

No lado contrario, falamos co xerente dun dos postos de marisco e peixe e confesa que aínda que o seu produto chama a atención, o turista non o compra só lle saca fotos ou o mira, polo que ao final, por moi cheo que estea o mercado a eles non lles repercute positivamente.

INCOMODIDADES

Finalmente, é importante saber a opinión dos que deciden comprar alí a miúdo e como esta situación lles afecta. Maruja afirma que leva comprando no mercado dende que se mudou a Santiago fai case 30 anos e recoñece que ás veces resulta incómoda a gran cantidade de xente xa que tardas moito máis pero tamén entende que a xente que ven quere velo ou comprar algo polo que teñen o mesmo dereito.

Pola súa banda Manuel, de 73 anos, atópase máis enfadado e explica que non lle gusta estar batendo coa xente ou tardar máis do habitual porque hai turistas facendo fotos ou preguntando, aínda así di que "se compraran e deixaran aquí os cartos eu non me queixaría".

Á conclusión final é un pouco ambigua pero o punto en común podería dicirse que é que o turismo está ven cando non é excesivo e cando axuda activamente á economía da cidade. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Sentidiño

Os mellores postos da praza ou "mercado de abastos" non precisan dos turistas: traballan cos encargos da hostalaría local. A nave cinco e os novos cocedeiros de marisco doutras naves son coma chiringuitos de praia, e poderían perfectamente ser reubicados FÓRA da praza.