Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/08/2023 | Actualizada ás 13:01
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns a resolución da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias coas 79 empresas beneficiarias das axudas para investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios. En concreto, as empresas do sector agroalimentario, que obtiveron a máxima puntación nos criterios solicitados, recibirán case 30 millóns de euros, que están cofinanciados co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader).
Nesa liña deuse prioridade ás asociacións de produtores que se uniron para levar a cabo investimentos en común. Por esa razón, outorgóuselles a máxima puntuación no apartado de beneficio a produtores dos criterios de valoración ás cooperativas agrarias galegas ou ás sociedades participadas maioritariamente (máis do 50 %) por cooperativas agrarias galegas ou por asociacións e organizacións de produtores da nosa comunidade.
"Con esta orde de axudas búscase incentivar os investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas en Galicia destinadas á transformación e comercialización de produtos agrarios", explica a Xunta. Ademais, indica que no caso das subvencións, consistiron en axudas para a execución destes proxectos, mentres que as garantías para préstamos foron "en garantías do 80 % do risco inherente a cada empréstito formalizado destinado a financiar os investimentos". Para iso, consideraron para a subvención acciones como a "construción, adquisición e mellora de bens inmobles e a compra de terreos" ata un valor do 10 % do total dos gastos subvencionables.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.