Arangüena, deputado do PSdeG, critica as "primarias fantasma" e o calendario "diabólico" para candidatos "alternativos"

O deputado do PSdeG Pablo Arangüena tacha de "primarias fantasma" o proceso do partido ao "non estar convocadas" nin haber un calendario fixado, máis aló da data do 17 de setembro. "Non é serio anuncialas e cando queda menos dun mes que esteamos así", advirte.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/08/2023 | Actualizada ás 11:36

Comparte esta noticia

O deputado do PSdeG Pablo Arangüena tacha de "primarias fantasma" o proceso do partido ao "non estar convocadas" nin haber un calendario fixado, máis aló da data do 17 de setembro. "Non é serio anuncialas e cando queda menos dun mes que esteamos así", advirte. Arangüena advirte ademais que o que se fixe finalmente resultará "un calendario diabólico" para candidaturas "alternativas", tendo en conta que o incremento de avais necesarios "dificulta" a presentación.

En calquera caso, reivindica que o tamén parlamentario e ex secretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero "onte estivo en Ourense (por este xoves) e encheu a sede". "Está a tomar contacto, solicitando opinións e tratando de dinamizar o partido", asegura. En contraposición, censura a "parcialidade" e "falta de neutralidade" polo feito de que exista, ao seu xuízo, un "candidato oficial" polo que xa se decantaron varios cargos da formación.

Esta opción, polo tamén ex líder do partido José Ramón Gómez Besteiro, "vén da provincia de España (Lugo) na que o PP sacou máis vantaxe" aos socialistas, incide. En resumo, para Arangüena, "isto é facerse trampas ao solitario" e o PSdeG precisa "cambiar de rumbo". "Está a dificultarse que se presenten candidaturas alternativas" con estas primarias "fantasma" e iso, na súa opinión, "resta garantías democráticas" no partido.

O deputado autonómico do PSdeG Pablo Arangüena en rolda de prensa
O deputado autonómico do PSdeG Pablo Arangüena en rolda de prensa | Fonte: PSdeG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Stop fakes

Para por en contexto cando este señor encabezou as eleccións na Coruña foi o pior resultado electoral dos socialistas Neda provincia en toda a democracia.Quen fai trampas ao solitario ?