A cativada de Verín coñece como se loita contra o lume e atractivos da zona da Veiga

O Concello de Verín vén de organizar, dende o servizo da Ludoteca de Verán e o Campamento Urbano, varias actividades educativas que ademais fan posible a conciliación laboral e familiar dos proxenitores. O pasado 18 de agosto visitaron a BRIF (Brigada de Reforzo en Incendios Forestais) de Laza e o martes 22 coñeceron A Veiga.

Por Galicia Confidencial | Verín | 24/08/2023 | Actualizada ás 08:55

Comparte esta noticia

O pasado 18 de agosto os nenos e nenas da Ludoteca Municipal (de entre 3 e 5 anos) viaxaron a Laza para visitar a BRIF, (Brigada de Reforzo en Incendios Forestais). Durante a visita, os sesenta pequenos exploradores tiveron a posibilidade de coñecer a base da BRIF, as súas ferramentas e os seus usos, ademais de familiarizarse cos protocolos de seguridade. Montaron en helicópteros, participaron nun simulacro xunto cos pilotos e aprenderon nunha interesante charla coa brigada de bombeiros. 

Os pequenos e pequenas atentos
Os pequenos e pequenas atentos | Fonte: as ás explicacións da BRIF de Laza. Foto: Comunicación Concello de Verín.

Seguindo o programa de actividades educativas, o pasado martes 22 de agosto, un total de noventa rapaces e rapazas visitaron A Veiga. Neste fermoso concello do interior ourensán fixeron unha pequena ruta de sendeirismo no lugar coñecido como “A Cántara da Moura” e visitaron a Casa das Pedriñas, unha singular edificación recuberta de pequenas pedriñas de cores, trozos de vidro, cunchas ou botellas.

Xa pola tarde, desprazáronse á Praia de Coiñedo (A Praia dos Franceses) para darse un baño e facer xogos, rematando o día cunha visita ao Planetario "As estrelas ao alcance da man”. Alíviaxaron no tempo e no espazo, observando e describindo os ceos estrelados, aprenderon a recoñecer, de maneira intuitiva e sinxela, os movementos terrestres e do restos dos obxectos do Sistema Solar así como as súas implicacións. Con esta visita adquiriron unha comprensión máis profunda das estacións, as fases lunares, os eclipses e outros fenómenos astronómicos naturais.

Esta iniciativa de visitas educativas forma parte das actividades realizadas no servizo da Ludoteca de Verán e do Campamento Urbano, destinadas a conciliar a vida laboral e familiar dos proxenitores e cubrir o tempo vacacional dos menores. Ambas actividades foron  organizadas dende a Oficina Municipal de Información Xuvenil pertencente a Área de Benestar Social do Concello de Verín.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 cesc

Parabéns por esas actividades. Educativas e formativas, aínda tan pequen@s. Moi ben!