Máis de 60 pemes e microempresas galegas reciben axudas autonómicas para proxectos de innovación

Foron para realizar distintas actuacións encamiñadas a mellorar os procesos produtivos da compañía a través da innovación, explica o departamento autonómico.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/08/2023 | Actualizada ás 14:13

Comparte esta noticia

Un total de 63 pequenas e medianas empresas (pemes) e microempresas galegas recibiron axudas autonómicas para proxectos de innovación. Así o informa a Consellería de Economía con motivo da visita da directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, á Panificadora Santa Cruz, en Oleiros, que recibiu un bono de innovación por importe de 35.000 euros.

Foron para realizar distintas actuacións encamiñadas a mellorar os procesos produtivos da compañía a través da innovación, explica o departamento autonómico. Todo iso de face a mellorar a súa capacidade produtiva e reducir o consumo enerxético e de materias primas.

A Consellería de Economía, Industria e Innovación acaba de resolver esta convocatoria a través da que apoia 63 pemes e microempresas galegas para que dean os seus primeiros pasos na innovación, cunha axuda total de case 861.000 euros e unha inversiónmovilizada de 1,27 millóns de euros.

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey,  visita a Panificadora Santa Cruz, en Oleiros
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, visita a Panificadora Santa Cruz, en Oleiros | Fonte: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta