Denuncian ao Atlantic Fest por impedir a entrada con comida do exterior e pedir informes médicos

Facua tamén denuncia o sistemas 'cashless' e a política de xestión de datos persoais

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/08/2023 | Actualizada ás 15:13

Comparte esta noticia

A organización de consumidores Facua presentou unha denuncia contra os organizadores do Atlantic Fest 2023, celebrado en xullo en Vilagarcía de Arousa, por impedir o acceso ao recinto con bebida ou comida do exterior e solicitar un certificado ou informe médico a aquelas persoas con necesidades alimenticias especiais para xustificar a introdución de produtos adaptados ás súas características.

Segundo explicou a entidade nun comunicado, a denuncia tamén fai referencia á política de xestión de datos persoais dos asistentes, os "obstáculos" impostos á hora de presentar reclamacións ou a "imposición" do 'cashless' como único método de pago no recinto do festival, así como as "trabas" para recuperar as contías cargadas na pulseira e non consumidas ao termo do evento.

Facua resaltou que a prohición a acceder con comida e bebida do exterior que recollía a propia web do festival é contraria a dereito porque a actividade principal do evento "non é a hostalaría, senón o desenvolvemento dun espectáculo musical" e, por tanto, a comercialización destes produtos "non son necesarias" para a súa celebración.

Ademais, consideran que a organización infrinxiu a lei de protección de datos ao solicitar un "certificado ou informe" médico a aqueles asistentes con necesidades alimenticias especiais de face a autorizarlles o ingreso con produtos do exterior.

"Supón o establecemento dunha cláusula abusiva para os consumidores, en tanto que se están solicitando datos de carácter persoal e especialmente protexidos, podendo ser unicamente solicitados, tratados e cedidos por razóns de interese xeral, sen que concorra neste caso dita causa", incidiu Facua, que puxo isto en coñecemento da Axencia Española de Protección de Datos.

Tamén denuncian a "imposición" do sistema 'cashless' como único método de pago no evento e as "limitacións" aos asistentes á hora de recuperar as cantidades cargadas na pulseira e non gastadas ao termo do festival ao fixar "de forma deliberada un prazo breve" para solicitar o reembolso.

Facua considera isto un "flagrante desequilibrio contractual" porque supón que, no caso de que o consumidor non actúa no prazo indicado, o empresario obtén "un enriquecemento inxusto, ao apropiarse dunha cantidade íntegra dun servizo que finalmente non se presta".

Por último, a organización de consumidores tamén denuncia aos organizadores do Atlantic Fest ante a Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial por carecer dun apartado na web do evento sobre os servizos á sociedade da información e de comercio electrónico, algo que, segundo lembran, está esixido por lei.

Argumenta que a promotora "omite toda unha serie de informacións ás persoas que accedan a esta páxina web, proporcionándose unicamente unha dirección física e un correo electrónico ao pé de paxínaa web", o que consideran unha "obstaculización" do dereito dos asistentes a "cuestións básicas" como formular unha reclamación.

Imaxe aérea da Illa de Arousa durante a celebración do Atlantic Fest. ATLANTIC FEST
Imaxe aérea da Illa de Arousa durante a celebración do Atlantic Fest. ATLANTIC FEST

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta