Ollo, precisas de novo abono de Renfe se queres viaxar gratis ata final de ano

Entraron en vigor os novos avonos este venres, 1 de setembro.

Por E.P. | MADRID | 01/09/2023 | Actualizada ás 10:19

Comparte esta noticia

Os novos abonos gratuítos de proximidade, Rodalies e Media Distancia de Renfe para o terceiro cuadrimestre do ano entrarán en vigor este venres, 1 de setembro, sendo válidos ata o próximo 31 de decembro de 2023.

Tren Avant de Renfe / RENFE - Arquivo / Europa Press
Tren Avant de Renfe / RENFE - Arquivo / Europa Press

Renfe emitiu en Galicia 64.132 abonos recorrentes durante os meses de maio, xuño e xullo, para poder viaxar durante o primeiro cuadrimestre de 2023 nos servizos de Media Distancia, Avant e Proximidades de Ancho Métrico, segundo informa. Do total de títulos adquiridos en Galicia, 63.872 corresponden a abonos gratuítos de Media Distancia e Proximidades de Ancho Métrico, mentres que os 260 restantes corresponden ao servizo Avant entre Ourense e Zamora, bonificado ao 50 %.

En total, Renfe expediu 2.160.000 abonos gratuítos en Proximidades, Rodalies e Media Distancia, e abonos Avant bonificados ao 50 % durante os tres primeiros meses do segundo cuadrimestre de 2023. Do total de títulos multiviaxe gratuítos expedidos para desprazamentos entre o 1 de maio e o 30 de agosto de 2023, máis de dous millóns corresponden a abonos para viaxar nos diferentes núcleos de proximidade, Rodalies, Proximidades Ancho Métrico e nas liñas de Media Distancia. Ademais dos abonos gratuítos para clientes recorrentes, Renfe vendeu preto de 90.000 títulos con descontos do 50 % de Avant para utilizar nos servizos de media distancia de alta velocidade.

ÚLTIMO CUADRIMESTRE

Para axilizar a adquisición dos abonos, os abonos poden sacarse a través da app de proximidade Renfe e, no caso dos abonos de Media Distancia, a través da web www.renfe.com e canles de venda habituais. Para iso, o cliente debe estar rexistrado previamente.

Para os servizos ferroviarios Avant mantense o desconto do 50 % nos abonos. Este mesmo desconto aplícase a outros traxectos de alta velocidade que foron declarados Obrigación de Servizo Público (OSP), que funcionan coas mesmas condicións que un Abono Avant. Para adquirir o abono, aínda que é gratuíto, é necesario depositar unha fianza de 10 euros no caso de proximidade e Rodalies, e de 20 euros para cada servizo de Media Distancia convencional. O pago con cartón permitirá a devolución automática da fianza, unha vez se constate que se cumpriu a condición de realizar 16 desprazamentos durante estes catro meses.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta