Abre o prazo este sábado para que os mozos presenten as súas obras na nova edición do programa Xuventude Crea

A convocatoria está dirixida a todos os mozos non profesionais con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos. Os interesados en participar poden inscribirse nalgunha das 14 categorías que ten o certame: creación de videoxogos, novela curta, cociña, teatro, artes plásticas, fotografía, música, poesía, videocreación, cómic, arte urbana, deseño de xoias, moda e danza moderna.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/09/2023 | Actualizada ás 17:41

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este venres unha nova convocatoria do programa Xuventude Crea, destinado a premiar a creatividade da mocidade galega en distintas categorías artísticas. A partir deste sábado, os mozos terán o prazo dun mes para presentar os seus proxectos a este certame que cumpre a súa XIII edición.

A convocatoria está dirixida a todos os mozos non profesionais con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos. Os interesados en participar poden inscribirse nalgunha das 14 categorías que ten o certame: creación de videoxogos, novela curta, cociña, teatro, artes plásticas, fotografía, música, poesía, videocreación, cómic, arte urbana, deseño de xoias, moda e danza moderna.

Cada unha das especialidades contará con tres premios: o primeiro, de 3.000 euros; o segundo, de 1.500; e o terceiro, de 1.000 euros; así como mencións de honra sen dotación económica. O ano pasado incluíuse un premio especial de 1.000 euros para a modalidade de música clásica dentro da especialidade de música.

A obra gañadora poderá ser proposta para participar en festivais de música de Galicia, así como en eventos similares. A novidade deste ano é que se incrementan de seis a oito obras as que poden chegar á fase dinal na especialidade de Danza Moderna; e elimínase o número máximo de integrantes dos grupos de creación de videoxogos, ata agora de cinco. Na especialidade de teatro, ofrecerase aos gañadores a posibilidade de entrar na selección dun programa de formación e mentoring para pór en marcha unha compañía teatral.

A conselleira Fabiola García na final de grafiti do Xuventude Crea 2020
A conselleira Fabiola García na final de grafiti do Xuventude Crea 2020 | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta